займ срочно

Os alcaldes da comarca de Compostela reclaman o novo parque comarcal de bombeiros

0

Bisbarra, 28 de abril do 2017 –  Os alcaldes dos  concellos que forman a comarca de Compostela, Ames, Boqueixón, Brión, Teo, Val do Dubra e Vedra, asinaron un documento no que lle solicitan ao Consorcio Provincial Contraincencios e Salvamento da Coruña a construción dun novo parque comarcal de bombeiros.

Os rexedores queren a previsión de reserva de crédito nos orzamentos da Xunta e da Deputación da Coruña do vindeiro ano 2018 para a construción e dotación do novo parque e a celebración dunha reunión, o máis axiña posible, entre os alcaldes asinantes e os representantes do Consorcio, tanto da Xunta de Galicia como da Deputación da Coruña, para abordar os termos do futuro parque comarcalizado.

Os alcaldes asinantes deste documento coinciden en sinalar que “o parque comarcal de bombeiros da área metropolitana de Santiago de Compostela é un asunto recorrente ano tras ano e, goberno tras goberno. Despois das últimas eleccións municipais do pasado ano 2015, coa nova conformación das diferentes forzas políticas nos concellos da área metropolitana e en Santiago, reavivouse a Mancomunidade de Santiago co firme propósito de poñer en marcha unha solución para o problema dos bombeiros”.

Previamente, no pasado mes de marzo, tal e como se acordara no seo da Mancomunidade, o Concello de Santiago presentou un estudo económico e de necesidades sobre a posibilidade de comarcalización do seu parque de bombeiros. Posteriormente, solicitouse unha xuntanza cos representantes do Consorcio Provincial Contraincendios da provincia da Coruña para presentar o estudo feito polo Concello de Santiago e barallar outras posibles opcións.

Dita xuntanza realizouse este pasado luns, 24 de abril, nas dependencias da Deputación da Coruña. Nesta reunión mantida co xerente do Consorcio trasladáronlle as posibles cifras que manexaría a entidade para a posta en funcionamento dun novo parque comarcal de bombeiros na área de Santiago, en comparativa co estudo presentado polo propio Concello de Santiago para comarcalizar o seu actual parque. Tamén se analizou a documentación do estudo de Santiago e abordáronse as posibles alternativas existentes a día de hoxe.

Os alcaldes asinantes de dito documento sinalan que “as cifras amosadas demostran que a posta en marcha dun novo parque comarcal de bombeiros na área de Santiago dependente do Consorcio é a opción máis económica, viable e rápida”.

Custo do novo parque comarcal de bombeiros

Para a construción do novo parque comarcal de bombeiros o Consorcio manexa como referencia o parque feito en Santa Comba, aínda que habería que adaptar este modelo ás necesidades específicas da comarca de Santiago. As grandes cifras que manexa o Consorcio son de 800.000 euros para a construción do edificio, entre 750.000 e 800.000 euros para dotar de persoal a dito parque e algo máis dun millón de euros para a compra e vehículos e outro tipo de material que é necesario. Tería un custo aproximado de tres millóns de euros, que é un presuposto moi inferior o que se reflicte no estudo presentado polo Concello de Santiago para municipalizar o seu parque de bombeiros.

O alcalde de Ames, José Miñones, explicou que “os concellos da comarca de Santiago seguemos a ser un illa en Galicia xa que levamos moitos anos sen dispor dun parque comarcal de bombeiros, polo que a través da sinatura deste documento solicitámoslle formalmente ao Consorcio a construción deste equipamento. Agardamos que se convoque o máis axiña posible unha xuntanza para poder avanzar na súa tramitación, así como determinar o lugar onde se construiría dito parque, as súas dimensións e outros aspectos que é preciso pechar o antes posible”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies