займ срочно

Club de Debate Compostela, falar con claridade

0

Compostela, 12 de febreiro do 2017 –  O pasado mes de decembro estudantes da USC quedaban subcampións de España de debate.

A debater tamén se aprende, con un pouco de sorte os estudantes entenderán mellor aos que pensan distinto grazas ao Club de Debate Compostela e por iso quixemos coñecer un pouco máis como chegaron aí e que sacaron da experiencia.

O Club de Debate Compostela naceu por iniciativa de algúns membros de Asodeco, a Antiga Asociación de Debate que non tivo continuidade. David Gómez e Lidia Lareo estudan xornalismo e Pedro Martinez medicina. Eles coñeceron o Club cando comezaban a carreira.

Para David o Club de Debate e unha importante axuda para a carreira. Gañan en oratoria e perden o medo a falar en publico, algo importante para un xornalista. Pero a actividade ten tamén un importante valor social e de lecer ao poder viaxar e coñecer xente

Para Lidia, ademais do mencionado por David,  supón unha importante aportación nos temas que se elixen para o debate. A investigación previa para preparar a competición aporta visións distintas das cuestións a debater.

O caso de Pedro e moi distinto. Si en xornalismo resulta evidente a relación co debate non caso de medicina non o está tan claro. O debate no seu caso axúdalle a falar con seguridade, importante nun médico, e a explicar o que sabe coa actitude precisa para xerar confianza no paciente

Todos coinciden en que comezar a falar nunha clase da universidade  con 80 alumnos é complexo e moitos non o queren facer. Por esa razón creen que os debates terían que comezar en secundaria ou incluso en primaria.

O que mais temen os nosos estudantes son as preguntas feitas para apartar a atención do tema central. Son preguntas que se preparan antes de chegar e que en moitos casos teñen pouco o nada que ver co centro do debate.

Curiosamente un debate honesto acada máis seguidores, unha defensa honrada do tema e agradecido polo outro equipo e iso o puideron comprobar cando acadaron o subcampeonato de España

Pero a realidade e que esta sociedade ten moito que cambiar porque a falacia e os datos non contrastados son os que gañar ao final

Para cando un Club de Debate de adultos? credes que seriades bos debatendo? o que resulta evidente é que os que participan nas televisións poden aprender moito destes rapaces.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies