займ срочно

Boa fin de semana para o Club Ciclista Padronés

0

Padrón, 12 de xuño do 2017 – O Club Ciclista Padronés estivo esta fin de semana no Gran Premio San Roque de Viveiro e no LIX Trofeo San Juan e San Pedro en Aguilar de  Campoo con bos resultados en ambas competicións.

Miguel Mera no podium de Viveiro

Miguel Mera no podium de Viveiro

As categorías inferiores subiron ao podio en practicamente todas as categorías do Gran Premio San Roque de Viveiro. Miguel Mera mantén o liderado na Copa Galicia Cadete e sitúase en segundo lugar no recentemente estreado Trofeo AsturCántabroGalego

En categoría promesa feminina, venceu Aloa Branco compartindo o podio coa súa compañeira Sara Montenegro que conseguiu a terceira praza. En categoría alevín feminina, Elsa Montenegro tamén se alzaba co terceiro posto da proba. En categoría infantil, o Club Ciclista Padronés conseguía dous terceiros postos: o de Laura Tenente en mulleres e o de Martín Rey en masculino.

Canteira do Club Ciclista Padronés

Canteira do Club Ciclista Padronés

O equipo elite e sub 23 do Cortizo-Anova viaxou pola súa banda a Aguilar de Campoo (Palencia) para disputar o LIX Trofeo San Juan e San Pedro. Aínda que non se pudieron ocupar os postos de honra o Club Ciclista Padronés quedou segundo por equipos na proba e Aser Estévez, escapado en solitario gran parte da carreira, volve a casa co premio de metas volantes e o premio da montaña, mentres que Javier Canteiro, conseguiu o premio ao sprint especial.

Mañá martes, as filas de Branco Villar volverán viaxar, esta vez a Val de Mena (Burgos) para disputar o XXXV Gran Premio San Antonio. Os convocados para esta proba son: Pedro Gregori, Aser Estévez, Raul García de Mateos, Javier Canteiro, Gonzalo Cubino, Alejandro Arribas, Mario Arranz, Samuel Rodríguez e Anxo Fraga.

Javier Cantero en Aguilar de Campoo

Javier Cantero en Aguilar de Campoo

Aser Estevez en Aguilar de Campoo

Aser Estevez en Aguilar de Campoo

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies