займ срочно

Clara Pino e Pablo Vidal presentan nas Crechas o seu primeiro disco, ‘Nowhere’

0

Compostela, 22 de xuño do 2017 –  A Casa das Crechas acolle as dez da noite un concerto de Clara Pino e Pablo Vidal, no que presentan o seu primeiro traballo xuntos, ‘Nowhere’, que fai referencia aos chamados “non lugares” ou lugares de tránsito.

Xestado e gravado na Ría de Arousa (@ldeaglobal) consta de 18 pistas repartidas en nove cancións e nove textos orixinais que se sitúan entre a tradición e a vangarda, con letras de Clara Pino e músicas compartidas por ambos baixo a produción de Pablo Vidal. Colaboraron como músicos convidados: Mila García (violoncello), Sabela Dacal (acordeón), Rafa Otero (guitarra) e Roi Adrio (percusións).

Os dous autores apostan neste novo proxecto por unha simbiose entre a música autoral e o coidado textual, facendo unha mestura interdisciplinar, entre a tradición e a vangarda, que ten como obxectivo amosar o seu universo musical e literario.

Clara Pino, vocalista, toca tamén a harpa celta. Entre os seus traballos discográficos cabe destacar Sete Saias, Loaira, Un Dedo manchado de tinta (CD que acompaña á novela homónima de Manuel Portas). Ten colaborado en proxectos de Música infantil como: A nena e o grilo nun barquiño de Magín Blanco, Pitusa semifusa de Olga Brañas e Alegría de Sergio Tannus.

Pablo Vidal (contrabaixo e voz) conta cunha longa traxectoria musical como músico e productor que abrangue dende o Jazz, o Rock, á Música orquestral, coral, e infantil. Gravou con numerosos artistas como músico de estudio. Conta con colaboracións múltiples no panorama musical galego: (Uxía Senlle, Sergio Tannus, Magín Blanco, etc.) e forma parte da banda Sons Miúdos. Entre os seus últimos traballos discográficos destacan TATÁN “Chapeu”, Jazz PAGANO (Pablo Vidal Trío), OS RESENTIDOS e o actual CD xunto a Clara Pino NOWHERE.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies