Compostela, 28 de novembro do 2018 – Hoxe remata a 32ª edición de Cineuropa co terceiro dos premios do certame ao actor galego Antonio Durán “Morris”.
Outras catorce sesións encherán de cine a programación do día, a salientar:
Obra sen autor, de Florian Henckel, unha das favoritas do público desta edición, que terá o último pase no Teatro Principal ás 17 h. Trátase dun drama en tempos de divisións, fronteiras, guerras, réximes liberticidas, esvásticas e amores bigger tan life. E da arte como mecanismo de guión que representa esa pugna entre a liberdade e a opresión, entre a memoria e o soterramento.
Plaire, aimer et courir vite, filme de Christophe Honoré que poderemos ver no Teatro Principal ás 23 h., e na que a evocación dunha historia de amor condenada á dilución e, con todo, vivida coa intensidade do gozar do momento.
Pity, de Babis Makridis, proxectarase no Salón Teatro ás 18:15 h. Tendo como eixo central a formidable interpretación de Yannis Drakopoulos —que nun sublime exercicio de xestualidade keatoniana, combina impasible o gag absurdo con momentos da perversidade máis absoluta—, Pity mantén o ton e o ritmo austeros, zarrapicados dun humor tan negro que se acaba sentindo como un coitelo entre as costelas. Elegantemente concibida e depravadamente convincente.
The kindergarten teacher, de Sara Colangelo, será proxectada de seguido, no Salón Teatro ás 20:15 h. O remake da obra de Nadav Lapid é quen de reter a tensión crecente que levaba xa a versión israelí do cinema con neno ao thriller irrespirable.
Por último, Un couteau dans le coeur, unha das propostas máis libres e poderosas do pasado Cannes, dirixida por Yann Gonzalez, botará o pecha á programación do festival no Salón Teatro ás 22:15 h.
PROGRAMACIÓN CINEUROPA MÉRCORES 28
TEATRO PRINCIPAL
17:00 NEVER LOOK AWAY / OBRA SEN AUTOR Florian Henckel von Donnersmarck
20:30 CLAUSURA E CERIMONIA DE ENTREGA DO PREMIO CINEUROPA A ANTONIO DURÁN «MORRIS»**.
KURSK** Thomas Vinterberg
23:00 PLAIRE, AIMER ET COURIR VITE / SORRY ANGEL Christophe Honoré
SALÓN TEATRO
16:00 7 DÍAS DE ENERO* Juan Antonio Bardem
18:15 OIKTOS / PITY Babis Makridis
20:15 THE KINDERGARTEN TEACHER Sara Colangelo
22:15 UN COUTEAU DANS LE COEUR / COITELO E CORAZÓN Yann Gonzalez
MULTICINES COMPOSTELA (SALA 2)
18:00 ULTIMO TANGO A PARIGI / O ÚLTIMO TANGO EN PARÍS* Bernardo Bertolucci
20:15 CRASH* David Cronenberg
22:00 YA BON LES BLANCS / OS NEGROS TAMÉN COMEN* Marco Ferreri
CINEMA NUMAX
17:30 COINCOIN ET LES Z’INHUMAINS / COINCOIN CONTRA OS EXTRATERRESTRES Bruno Dumont
21:15 TOUCH ME NOT Adina Pintilie
SALA AGUSTÍN MAGÁN (CC. SANTA MARTA)
15:45 THE BROWN BUNNY* Vincent Gallo
17:30 THE RASPBERRY REICH* Bruce La Bruce
19:15 THUNDERCRACK!* Curt McDowell
Nota: as películas marcadas cun asterisco son de entrada libre.
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies