займ срочно

Advirten da posible falta de persoal en atención primaria no mes de decembro

0

Compostela, 8 de outubro do 2019 – CIG Saúde esixe medidas de prevención, de cara ao mes de decembro, ante a previsible falta de persoal en atención primaria ao coincidir os descansos do persoal coa vaga de gripe.

O sindicato ven de reclamar do SERGAS e da Consellería de Sanidade a convocatoria, en cada EOXI (Estruturas de organización da xestión integrada), dunha comisión técnica para planificar as medidas a adoptar no mes de decembro en atención primaria. Advirte de que durante o Nadal haberá ausencias de persoal por vacacións e días libres aos que teñen dereito, que isto vai coincidir coa vaga de gripe, que tamén afecta ás/aos profesionais, e que “non se pode repetir a situación xerada no verán”.

Participación nas comisións

CIG Saúde reclama tamén que as organizacións sindicais formen parte desas comisións. Consideran que se ten que analizar, entre outras cuestións, cantas traballadoras e traballadores van gozar de vacacións ou días libres nese período; cales son as previsións de baixas por enfermidade das e dos profesionais; como incidiu a gripe no número de consultas dos anos anteriores nos centros de saúde, nos PACs e nos domicilios e todas as cuestións que teñan relevancia na planificación dos recursos humanos e de asistencia.

Medidas a adoptar

Entre as medidas a adoptar propoñen a oferta dun contrato continuado de afectación a todos os colectivos, para a cobertura de ausencias desde o 1 de decembro até que descenda a vaga de gripe.

Xunto a isto, e de non existir persoal suficiente nalgún colectivo, considera que se debería ofertar a prolongación de xornada. Ademais, demanda que as ofertas de traballo en PACs leven implícita a retribución de nocturnidade e festividade.

No referente a atención ordinaria o obxectivo é que non se pechen axendas e, polo tanto se dean citas todos os días e evitar a intersubstitución, que é que as e os profesionais vexan durante a súa xornada de traballo ademais das/dos doentes do seu cupo as/os citados para a compañeira ou compañeiro ausente.

Para a CIG Saúde, o que non pode facer o SERGAS é agardar a ofertar a cobertura das ausencias cando xa non haxa persoal dispoñible, porque as/os profesionais teñen ofertas na sanidade privada que melloran as condicións de traballo da sanidade pública.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies