займ срочно

Clases de cestería e plantas medicinais en Frades e Oroso

0

Os obradoiros de artesanía organizados pola mancomunidade de Ordes chegaron esta pasada fin de semana a estes dous concellos

Ordes, 8 de novembro do 2016 – . Os concellos de Frades e Oroso colleron esta fin de semana o relevo dos obradoiros artesanais emprendidos pola Mancomunidade de Ordes, dándolle así continuidade a unha iniciativa na que veñen participando preto de 200 veciños da comarca.

Respectivamente impartíronse clases de cestería e plantas medicinais, nas que as persoas inscritas aprenderon toda unha serie de técnicas e coñecementos de grande utilidade.

A xente terá a oportunidade de contemplar todo o traballo realizado na mostra que se abrirá ao público do 16 ao 23 de decembro no Museo do Traxe Juanjo Liñares (Ordes). Todo isto contando coa colaboración da Deputación da Coruña para a súa posta en marcha.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies