Padrón, 13 de agosto do 2018 – Novo éxito do Club Ciclista Padronés, Cortizo-Anova, cunha terceira posición na xeral da Volta a Vetusta.
O Cortizo- Anova desprazouse este fin de semana a Asturias para disputar a Volta a Vetusta, unha rolda con categoría Challenge que constaba de dúas espectaculares etapas.
A primeira, con saída en Oviedo e final no mítico alto de l’ Angliru, foi unha etapa durísima na que Raúl García de Mateos conseguiu terminar en terceira posición. Na segunda e decisiva etapa asturiana, cun percorrido de 160 km con saída e meta en Oviedo, de Mateos mantivo a súa posición ao entrar ao sprint entre os 15 primeiros corredores.
O podio da xeral foi similar ao da primeira etapa coa vitoria de Anatolli Budiak ( ULB Sports-Natural Greatness) seguido de Carlos Ruiz ( Lizarte) e completado polo corredor do equipo padronés, Raúl García de Mateos.
A canteira, en Cambados
Gran actuación da canteira este sábado no 50 GP Albariño en Cambados.
Bruno Puceiro anotouse outra vitoria en categoría infantil e Laura Tenente volveu a subir ao podio para recoller o terceiro premio en cadete.