займ срочно

Catro milleiros de estudantes de secundaria visitan este semana a USC

0

Compostela, 8 de febreiro do 2017 – Un total de 4.200 estudantes de 69 centros de ensino secundario de toda Galicia visitan esta semana, ata o xoves, o campus de Compostela dentro dos ‘Encontros na USC’ que organiza o programa ‘A Ponte’.

Nestes encontros o alumnado ten a posibilidade de coñecer as instalacións onde se imparten as titulacións que lle interesan así como visitar os laboratorios de prácticas, aulas e bibliotecas. Nas visitas, ademais dos responsables dos centros participan os titores de 1º curso, que se encargan de dirixir o percorrido polos campus e comentarlles a súas vivencias na USC.

O programa consta de catorce itinerarios, que percorrerán cada día a partir das 10.30 horas os centros do Campus Norte e do Campus Vida da USC. No primeiro caso, con saída na Residencia Burgo das Nacións, están programadas visitas a Filoloxía e Ciencias da Comunicación; Ciencias Económicas e Empresariais; Ciencias da Educación e Traballo Social; Enfermaría, Medicina e Odontoloxía; e Xeografía e Historia e Filosofía.

En Campus Vida, con saída dende a Residencia Monte da Condesa, realizaranse visitas a Dereito, Relacións Laborais e Ciencias Políticas e Sociais; Química e Enxeñaría Química; Bioloxía e Farmacia; Matemáticas e Enxeñaría Informática; Matemáticas e Física; Física e Enxeñaría Informática; Química e Física; Óptica e Optometría; Psicoloxía e Ciencias da Educación.

As visitas complétanse na sesión da tarde coa posibilidade de visitar o Museo de Historia Natural, Patrimonio Histórico, o Centro Superior de Hostalaría de Galicia, as Residencias Universitarias e a Cidade da Cultura.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies