займ срочно

Presentado un libro coa prosa de Casares sobre as rúas de Compostela

0

Compostela, 25 de maio do 2017 – Onte foi presentado en Compostela o libro Santiago de Compostela, a cidade milagre que convida a percorrer as rúas da capital de Galicia a través da prosa do escritor Carlos Casares.

A obra, que acaba de ver a luz nunha coedición publicada polo Consorcio de Santiago e pola Editorial Galaxia, recolle unha serie de traballos que o homenaxeado coas Letras Galegas 2017 editara en varias revistas, unha delas especializada na divulgación literaria e outra de entretemento para os viaxeiros dunha importante compañía aérea.

Trátase dunha “edición moi singular”, en palabras do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que participou no acto de presentación da obra, na sede da Fundación Torrente Ballester, onde destacou a oportunidade que ofrece o libro de “achegármonos a un conxunto de pinceladas literarias, perfectamente axeitadas para unha lectura fragmentaria e engaiolante, lixeira e chea, ao mesmo tempo, de referencias á historia e á literatura oral colectiva”.

Unha prosa “chea de imaxes para imaxinar Santiago”

O secretario xeral cualificou a publicación como “unha proposta orixinal coa que percorrer as rúas compostelás, a través desa prosa depurada e intelixente de Carlos Casares, chea de imaxes para imaxinar Santiago”. Tamén se amosou convencido de que “Casares, que sempre tivo como obxectivo desenvolver un traballo literario enfocado ao lector común, para que todo o mundo puidese achegarse á súa literatura en galego, tamén nestes textos preparados para dúas publicacións de ámbito español tivo na cabeza o pensamento de facer chegar Santiago de Compostela e o relato lendario da cidade a calquera lector viaxante que pasase por aquelas páxinas”.

Unha edición trilingüe

Acompañados de fotografías de Ramón Fernández Hermida, neste libro recupéranse dous textos que foron escritos por Carlos Casares en castelán e que viron a luz no ano 1993 en revistas especializadas. O primeiro deles, titulado “Santiago. Milagro y leyendas”, editouse na revista Leer e o segundo, “El milagro de Santiago de Compostela”, publicouse en “Ronda Iberia”. Os textos foron traducidos ao galego por Xosé Manuel Soutullo e acompáñanse tamén da versión orixinal en castelán e mais da tradución ao inglés, a cargo de David Roe.

A obra é unha iniciativa do Consorcio da cidade de Santiago de Compostela, o órgano executor do Real Padroado de Santiago, no que se materializa a cooperación institucional entre o Goberno de España, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies