Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo

Casalonga Limpa pide a Dirección Xeral de Minas que de explicacións

Representantes da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos pediron onte que a Dirección Xeral de Minas de explicacións do que está a suceder coa canteira da Casalonga.
Manifestacion-Casalonga_1276-slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Teo, 22 de outubro do 2020 – Representantes da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos pediron onte que a Dirección Xeral de Minas de explicacións do que está a suceder coa canteira da Casalonga.
    • Accións legas e outras medidas

Teo, 22 de outubro do 2020 – Representantes da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos pediron onte que a Dirección Xeral de Minas de explicacións do que está a suceder coa canteira da Casalonga.

O colectivo Casalonga Limpa de Resduos explica que a única declaración de impacto ambiental existente, que data do 2001 e se pode ler aquí, marca unha serie de obrigas que Toysal está incumprindo e pide a Minas que explique porque se permite e si se tomarán algún tipo de medidas.

Tanto na protección do solo, como da auga, como da vexetación ou a paisaxe, así como a non emisión de gases a atmosfera, o tipo de instalacións que se deben ter ou a canalización de residuos son aspectos que, según Casalonga Limpa de Residuos, non se están a cumprir, algo que se pode apreciar tan só con achegarse a canteira.  

O colectivo tamén explicaba a intención de baleirar a lagoa por parte da empresa, con continuos intentos de abrir unha válvula precintada por Augas de Galicia. Desde a Consellería a máxima responsable, Ethel Vazquez, dicía onte que Augas de Galicia mantén unha actitude vixiante sobre posibles verquidos na Canteira e actuará en consecuencia no caso de que se cometan irregularidades. A Plataforma se mostraba pesimistas ao respecto xa que “as multas que lle poñen é como si nos multaran a nos con un euro por exceso de velocidade, ao mellor compensaba”.

Accións legas e outras medidas

A Plataforma estuda si hai datos suficientes como para levar o caso á fiscalía. Ao mesmo tempo preparan un informe, coa colaboración de distintos especialistas, sobre a fauna e a flora da lagoa co fin de conseguir que entre en algún tipo de protección local ou autonómica. Esta protección protexería o ecosistema e impediría que se puidera alterar.

Casalonga Limpa lembra que a actividade da canteira, sempre que se cumpran todas as obrigas, podería continuar xa que a lagoa son 2 hectáreas e o resto da explotación máis de 50. En todo caso lembran tamén que non é unha canteira das consideradas aptas desde o Ministerio para calquera tipo de residuos polo que a actividade sería a de extracción e non outra.

Post navigation

Previous: A Deputación construirá unha senda peonil entre Outeiro e Costoia, en Ames
Next: Riscos nas reunións privadas, restricións nos negocios

Máis novas

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

teo rois obradoiro dual 30 setembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Rois e Teo seleccionarán 20 persoas para un novo obradoiro dual de emprego

PUBLI TEO RUTA ROMAINICO SETEMBRO 2026
1 minute read
  • Xeral

III Ruta do Románico Teense

bng-parlamento-ag-59-slide-normal-3-outubro-2022_r
3 minutes read
  • Xeral

Piden melloras en Pontevea, Teo, despois da ampliación da AG-59

Lucía Calvo de la Uz alcaldesa de Teo polo Partido Popular
4 minutes read
  • Entrevistas

Municipais 2027: Lucía  Calvo, alcaldesa de Teo

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

Alfonso Rueda percorrendo o novo tramo da AG-59
3 minutes read
  • Xeral

A Estrada máis cerca de Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.