Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Casa do Cabido supera os cen mil visitantes cando cumpre 5 anos

Santiago Casa do Cabildo DSC_0011 slide 26 abril 2017_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 26 de abril do 2017 – Esta semana a Casa do Cabido acadou o visitante número 100.000, logo de cinco anos da apertura do inmoble con uso cultural, cunha media de 20.000 visitantes ao ano.
    • Un paseo pola historia de Compostela

Compostela, 26 de abril do 2017 – Esta semana a Casa do Cabido acadou o visitante número 100.000, logo de cinco anos da apertura do inmoble con uso cultural, cunha media de 20.000 visitantes ao ano.

O Consorcio de Santiago rehabilitou por completo en 2011 o edificio barroco coñecido como Casa do Cabido, situado na praza das Praterías, unha das principais expresións da arte barroca na cidade, trazado por Clemente Fernández Sarela no século XVIII. O 10 de xaneiro de 2012 abría as súas portas como sede de exposicións temporais promovidas dende o organismo interadministrativo.

Durante este período o Consorcio programou unha vintena de exposicións na Casa do Cabido, todas elas vencelladas coa cidade de Santiago. “A nosa intención era, logo da magnífica rehabilitación construtiva dirixida polo noso arquitecto Ángel Panero, dar acubillo a iniciativas artísticas e gráficas de xente da cidade e/ou que expresaban unha mirada singular sobre Compostela, na procura dun relato museográfico propio e plural que atraia por igual a veciños e turistas”, segundo salienta o ente.

Destaca en particular Rostros, unha mostra con máis de cen retratos realizados por Carlos Maside a persoeiros coetáneos seus, que plasmou durante os anos 20 e 30 do pasado século; entre eles Castelao, Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas ou Valle-Inclán.

Baixo o título Raíces de Compostela, no verán do pasado ano exhibíronse pezas do polifacético artista compostelán Camilo Otero, falecido en 2003. Eran na súa maioría esculturas de pequeno formato de fundición en bronce, en moitas ocasións probas de autor e pezas únicas; xunto a esculturas en terracota, madeira, gravados e ata pranchas para gravados.

No ano 2015 tivo unha gran repercusión a exposición de fotografías do compostelán Ramón Sánchez Estalote (1908-2002). Reunía unha selección de imaxes ligadas á peregrinación, a Catedral, o Mercado de Abastos e distintas estampas de Compostela; así como instantáneas dos oficios da época, como as leiteiras que viñan dos pobos cercanos ou os feirantes.

E unha das primeiras exposicións que se exhibiron na Casa do Cabido foi Compostela dicitur. A cidade da catedral. Nela recreábase o Santiago do século XIII, a partir de aplicacións interactivas e de reconstrucións virtuais que permitían coñecer o aspecto e a evolución urbana da cidade ou acompañar a un peregrino no seu percorrido pola Compostela medieval. Ademais, dúas pantallas xigantes recreaban o aspecto da catedral románica, tal e como a viron quenes a coñeceron tras a súa consagración, en 1211.

Un paseo pola historia de Compostela

Na actualidade a Casa do Cabido acolle a exposición de fotografías Mirando a cidade. Un paseo pola historia de Compostela, que mostra a evolución urbana da cidade de Santiago, dende a súa orixe ata a actualidade. Son un total de 61 instantáneas de 58 autores e autoras diferentes, integrados na Asociación Cultural Fotoforum Compostela.

O horario da Casa do Cabido é de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas; e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns está pechada ao público.

Post navigation

Previous: aRitmar concede a “embaixada da amizade galego-lusófona” a título póstumo aFran Pérez,  Narf
Next: Remata o prazo para participar en Enreguéifate, o certamde video do departamento de lingua de Compostela

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.