займ срочно

Campionato Galego de Loita Olímpica na fin de semana de Compostela

0

Compostela, 23 de xaneiro do 2018 – O pavillón de Santa Isabel, en Compostela,  acolle este sábado o Campionato Galego Sénior e Cadete de Loitas Olímpicas.

A concelleira de Deporte, Noa Morales, xunto co presidente da Federación Galega de Loita, José Luís Olazábal, e o director técnico da Federación, Pablo Pintos, foron os encargados de presentar o campionato. A cita está previsto que comece ás 10:00 e remate arredor das 14:00 horas.

As categorías que competirán comprenden as idades entre os 15 e os 17 anos para a categoría cadete e a partir dos 18 anos para a sénior. Este evento está organizado pola Federación Galega de Loita en colaboración co Club de Loita Estellae e o Concello.

Noa Morales destacou que “esta cita deportiva é unha das máis concorridas, cun total de 138 inscricións de 14 equipos que representan ás catro provincias galegas”. Finalmente a concelleira de Deporte amosou a satisfacción que supón para o Concello acoller un encontro deste nivel, que “converte a Compostela na capital galega do deporte”.

José Luis Olazábal, presidente da Federación Galega de Loita, destacou que este campionato “é moi importante para nós por ser a base desde a que imos seleccionar participantes para o campionato de España, que se celebrará en Murcia o 10 de febreiro”. Así, os seleccionadores galegos estarán moi pendentes dos resultados dos deportistas para confeccionar as diferentes seleccións galegas.

Tres modalidades

Santa Isabel acollerá un total de 140 combates en tres tapices, de tal xeito que se producirán loitas simultáneas ao longo da mañá. Segundo explicou o director técnico da Federación, Pablo Pintos, “as tres modalidades que forman parte deste campionato son a loita libre olímpica, a loita greco-romana e a feminina”. De feito sinalou que “os mellores resultados da selección galega de loita tenos o equipo feminino” e lembrou tamén que “os nosos e as nosas atletas combinan a súa carreira deportiva coa académica, o que se lle dá un valor engadido”.

Para continuar co impulso tecnolóxico en todas as competicións, este campionato será retransmitido en streaming, a través da plataforma de LaLiga4Sports, dende onde se poderá seguir en calquera parte do mundo.

Cabe destacar o aumento no número de deportistas femininas que compiten nas Loitas Olímpicas, sendo Galicia un referente a nivel nacional nesta modalidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies