займ срочно

‘Camiño’ de Yasuhiro Yotsumoto no Claustro alto de Fonseca

0

Compostela, 26 de marzo do 2021 – A mostra ‘Camiño’ do poeta e fotógrafo xaponés Yasuhiro Yotsumoto estará no Claustro alto de Fonseca ata ao videiro 21 de maio.

Malia ser un referente da poesía xaponesa, Yasuhiro Yotsumoto plasma tamén a súa visión poética do mundo a través da fotografía. Nado en Neyagawa,  o primeiro poemario de Yotsumoto (Warau bagu ‘O bug que ri’) foi publicado en 1991. 

Dende 1994, reside en Munich, pero iso non lle impediu manterse como unha figura destacada da poesía xaponesa, como o demostra o feito de ser o editor xaponés do sitio Poetry International Rotterdam, ou ter traducido ao xaponés a autores como Emily Dickinson, Dante, Rilke ou Li Po.

O ‘Camiño’ alberga unha importancia fundamental na espiritualidade de Yasuhiro. Non só no seu aspecto relixioso, caso dos tres que se poden contemplar na presente exposición (Santo Andrés de Teixido, Kumano e Fisterra), senón o ‘Camiño’ como parte da procura íntima no seo da natureza. A exposición pode visitarse en horario de luns a venres de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies