займ срочно

VI Festival Monecadas de Brión

0

Brión, 20 de setembro do 2019 –  O VI Festival Monecadas, posto en marcha por Titeriteiros da Comarca e o Concello de Brión, volve un ano máis á Carballeira de Santa Minia ata o domingo.

Monecadas terá catro funcións e un obradoiro de monicreques que terán lugar hoxe venres, mañá sábado e o domingo na carballeira de Santa Minia. En caso de choiva, as actuacións trasladaríanse á sala municipal de exposicións. En ambos casos, a entrada será libre e de balde.

Brión MOnecadasEste ano, o festival contará con grupos de Galicia, Portugal, Italia e Francia, buscando ofrecerlles novas propostas culturais aos centos de nenos/as e maiores que participan nas actuacións. De feito, cada actuación adoita superar amplamente as cen persoas, chegándose a superar as duascentas en ocasións especiais coma o domingo, cando coincida coa Feira Labrega.

A programación comeza esta tarde, ás 19:30 horas, co “Circo de marionetas” da compañía portuguesa Marionetas da Feira, no que o público verá como simples obxectos cotiás rematan convertidos nun circo. Para mañá, sábado 21 de setembro, está programada unha sesión dobre. Ás 13:00 horas “El barrendero”, de Mad Compass Theatre. E ás 13:45 horas “Limpiabotas”, de Nino & Mambrú, unha divertida actuación de 30 minutos, coa técnica de media máscara, sobre distintas técnica de limpeza do calzado.

Brión MOnecadasFinalmente, e coincidindo coa II Feira Labrega de Brión, o domingo 22 de setembro terá lugar ás 12:00 horas un obradoiro de monicreques da man de A Xanela do Maxín. Ás 13:00 horas, Raquel Queizás pechará o VI Festival Monecadas de Brión con “Travesías”, un espectáculo de narración oral con obxectos e monicreques dirixido a nenos e nenas a partir de 30 anos.

Share.

Comments are closed.