займ срочно

Brión renova o salvaescaleiras da biblioteca municipal

0

Brión, 10 de marzo do 2021 – O Concello de Brión vén de renovar o salvaescaleiras da biblioteca pública municipal e que da tamén acceso a ludoteca infantil.

O anterior salvaescaleiras foi instalado polo concello de Brión a finais do século pasado. Desde hai tempo non se usaba ao non atoparse pezas para a súa reparación polo que era necesario instalar un novo.

A nova plataforma instalada esta semana supuxo un investimento de 17.633 euros. O novo salvaescaleiras ten capacidade para ata 300 quilos e conta con modernos sistemas de seguridade, comezando por un asento con cito de seguridade e funda de protección fronte ás inclemencias do tempo. Así mesmo, conta con sensores anti-impacto e anti-aplastamento, limitador de velocidade e dispositivo de control de carga, para garantir a total seguridade da persoa usuaria.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies