TEO TURISMO
займ срочно

José Luís Baños gaña o VI Premio Laudamuco para textos Teatrais

0

Bisbarra, 20 de marzo do 2024 – O escritor José Luís Baños de Cos (Xerez da Fronteira, 1977) é o gañador da sexta edición do Premio Laudamuco para textos teatrais.

O Laudamuco é un certame literario convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. O autor gaditano concorreu ao certame coa obra “A porta. Un relato de violencia”, pola que recibirá un premio de 7.000 euros e a edición da peza por parte de Edicións Positivas.

En esta edición presentáronse un total de 49 escritos, duplicando a participación das dúas últimas edicións. Unha cifra que converte esta sexta edición do premio na segunda con maior competencia da súa curta historia, só superada polos 54 orixinais recibidos na primeira edición. O Premio Laudamuco leva promovido a escrita de máis de 200 textos teatrais en galego, cumprindo así o obxectivo para o que foi creado inicialmente.

O xurado estivo composto por Xoana Balado Fernández, Antonio Francisco Simón Álvarez Pérez, Miguel Pernas Cora, Francisco Oti Ríos e Carlos Vizcaíno Fernández, quen actuou como secretario. Un xurado que, despois de valorar os 49 textos presentados ao certame, decidiu escoller como vencedora a obra titulada “A porta. Un relato de violencia”.

O xurado destaca que “o texto posúe unha poderosa dramaturxia construída a partir do cruzamento entre ficción e realidade, personaxes e intérpretes, metateatro e psicodrama, ben como o feito de a obra construír unha abafante atmosfera bélica como eixo do conflito humano, incluído o propio proceso de creación”.

Autor

José Luís Baños de Cos (Xerez da Fronteira, 1977) é licenciado en Dereito e en Antropoloxía Social. Natural de Xerez, leva anos residindo en Santiago de Compostela. Cursou estudos sobre teatro social e teatro do oprimido. Autor da obra O faiado, da compañía Ó Cubo Teatro; de A espera, de Titereficcións; e de Suit(e) up, de Fanfarra Teatro.

Como dramaturgo, nos últimos anos obtivo varios premios teatrais, entre os que destacan o Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle (2018) con O círculo; o Premio Abrente do MIT de Ribadavia (2019) con Asfixia; o Premio Roberto Vidal Bolaño (2020) con A cámara escura; o Premio de Textos Teatrais dirixidos a Público Infantil da Escola Navarra de Teatro (2021), con O neno que se agochaba dentro dunha caixa de galletas; o VIII Premio Teatral Varela Buxán (2021) con Segunda morte; e o Premio Barriga Verde para textos de monicreques, na modalidade de adultos (2022) con Nas nubes.

O acto de entrega do Laudamuco está previsto para xoves 16 de maio en Brión, momento no que José Luís Baños de Cos sucederá no palmarés do Premio Laudamuco a Vicente Piñeiro, Paula Carballeira Cabana, Francisco Antonio Vidal Blanco, Raúl Dans e Xavier Lama López, gañadores das edicións anteriores. Nas súas cinco primeiras edicións, o galardón recaeu no lucense Xavier Lama López por “Na miña alma ouvea un lobo” (2019), no coruñés Raúl Dans Mayor por “Só un home bo” (2020) e no ribeirense Francisco Antonio Vidal Blanco por “A vinganza de Fortimbrás” (2021), na teense Paula Carballeira Cabana por “Dentes de coello” (2023) e no lucense Vicente Piñeiro por “Devólvenos a Xermánico!”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies