займ срочно

A Aula de Idiomas de Brión inclúe a linguaxe de signos

0

Brión, 13 de setembro do 2017 – A Aula de Idiomas do Concello de Brión ampliará este ano a súa oferta formativa incluíndo os niveis de iniciación e medio de linguaxe de signos.

Unha oferta que inclúe tres linguas: inglés, francés e alemán, nas modalidades iniciación e medio-baixo. Ademais, no caso do inglés, tamén se inclúen os niveis medio, medio-alto e preparación das probas oficiais First, ademáis da linguaxe de signos.

As clases terán lugar no centro social polivalente de outubro a decembro de 2017. A cota é de 90 euros por curso. As inscricións están abertas ata o vindeiro 20 de outubro na Casa da Cultura de Brión ou no 981 509 908. Será preciso un mínimo de 8 persoas inscritas por curso para a súa celebración.

Horarios

En canto aos horarios, mantéñense os do curso pasado. Así, as clases de iniciación de francés e de alemán terán lugar os martes e xoves, de 20:00 a 21:00 horas; mentres que as de nivel medio-baixo de ambas linguas terán lugar o mesmo día de 21:00 a 22:00 horas. As clases de inglés terán lugar os luns e mércores: iniciación (de 11:00 a 12:00 horas y de 20:00 a 21:00 horas), medio-baixo (de 12:00 a 13:00 horas e de 21:00 a 22:00 horas), medio (de 20:00 a 21:00 horas) e medio-alto (de 21:00 a 22:00 horas).

As clases para preparar as probas oficiais First serán os martes e xoves, de 20:00 a 21:00 horas. Finalmente, os luns e mércores terán lugar as clases de linguaxe de signos, as de iniciación de 20:00 a 21:00 horas e as de nivel medio de 21:00 a 22:00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies