займ срочно

II Festival de Cine Galego “Otremo”

0

Bisbarra, 9 de abril do 2024 – O auditorio do centro social polivalente de Brión acollerá, do 12 ao 14 de abril, a segunda edición do Festival de Cine Galego “Otremo”.

O concello de Brión organiza por segundo ano esta evento coa colaboración de Aldea producións. A iniciativa foi presentada polo alcalde, Pablo Lago Sanmartín, e os responsables de Aldea Producións, Ramón Cordido e Xacobe Sineiro, quen estiveron acompañados polo técnico municipal de Cultura, Alberto Álvarez.

Os tres filmes escollidos para esta ocasión son todos do ano 2023: “Honeymoon”, de Enrique Otero; “Amigos hasta la muerte”, de Javier Veiga; e “¡Salta!”, de Olga Osorio, dos que se darán dous pases.

A entrada será de balde, se ben para asistir será necesario realizar reserva previa na Billeteira Municipal da web do Concello de Brión (billeteira.concellodebrion.gal) ou chamar ao 649 808 903.

Pablo Lago destaca “a boa acollida que tivo a primeira edición do festival, polo que agardamos que esta segunda edición serva para poñer en valor o presente do audiovisual galego e achegalo de forma gratuíta aos veciños e veciñas de Brión”.

Ademais, salienta tamén as presentacións e charlas-coloquios nas que xa está confirmada a participación de persoas como as actrices María Vázquez e Marta Hazas e os realizadores Enrique Otero e Javier Veiga.

Películas

“Honeymoon” é o título que abrirá o certame o venres 12 de marzo. Ás 20:00 horas terá lugar o recibimento do público e das persoas convidadas, con música en directo e un photocall. Ás 21:00 horas terá lugar unha presentación previa á proxección da película, que rematará cun coloquio no que participarán a actriz María Vázquez e o realizador Enrique Otero. O acto rematará ás 23:00 horas cuns petiscos e música en directo. Tamén hai a posibilidade de ver unicamente o filme o sábado 13, ás 17:00 horas.

O sábado 13 proxectarase “Amigos hasta la muerte”, co mesmo horario do anterior pero desta vez coa participación da actriz Marta Hazas e do actor e realizador Javier Veiga. A película repetirase o domingo 14, ás 12:00 horas.

Finalmente, o domingo 14 de abril, a partir das 16:.30 horas, terá lugar a proxección de “¡Salta!”, unha película de Olga Osorio protagonizada por Tamar Novas, Marta Nieto, Mário Santos, Rubén Fulhencio e Mabel Rivera. Pendente de confirmar as persoas que participarán no coloquio das 17:00 horas, ás 19:00 horas terá lugar o segundo pase da película.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies