займ срочно

Brión abre o camiño para a venda de produtos de casa como aves, coellos ou pratos elaborados.

0

Brión, 25 de maio do 2018 –  Brión presenta esta tarde dous proxectos colaborativos que abren a porta a venda de produtos da casa como as ave, os coellos ou pratos elaborados.

Unha das principais dificultades para a comercialización dos produtos da casa é a autorización sanitaria, algo que con estes proxectos quedaría solucionado polo que so resta a parte administrativa. Esta inciativa abre a porta a que particulares poidan comercializar animáis criados na casa sen un alto custo engadido derivado análisis e certificacións.

O primeiro dos proxectos é un matadoiro móbil para aves e coellos, irá polas casas que o soliciten tanto si os animais son para autoconsumo como para poder vender a carne coas preceptivas autorizacións sanitarias actuais. No segundo caso abrirase un local-cociña no que a veciñanza poderá elaborar produtos transformados cos ingredientes e receitas tradicionais pero que, unha vez rematados, cumprirán cos requisitos legais establecidos para a súa venda en tendas, restaurantes, colexios, mercados…

Ambos proxectos están abertos á participación de todas as persoas que o desexen, tanto sexan de Brión como das comarcas limítrofes. A segunda presentación terá lugar o sábado 2 de xuño, ás 10:30 horas, na sala de exposicións da Casa da Cultura de Brión. A maiores, o Concello de Brión decidiu achegar esta iniciativa divulgativa ás parroquias, polo que haberá sesións informativas nos teleclubes de Luaña (29 de maio) e Ons (31 de maio), na antiga gardería de Bastavales (5 de xuño) e Casa da Cultura (7 de xuño). En todos estes casos, a charla comezará ás 10:30 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies