займ срочно

Melloras na escola infantil municipal de Vedra

0

Bisbarra, 9 de decembro do 2022 – O concello de Vedra ven de rematar melloras de eficiencia enerxética na escola infantil municipal, financiadas con fondos FEDER.

As obras da EIM acolléronse aos investimentos europeos de proxectos singulares destinados aso crecemento sostible cara a unha economía baixa en carbono. A escola infantil conta agora cunha fachada ventilada que é capaz de mellorar a súa eficiencia e tamén o seu illamento.

Os traballos acometidos na escola infantil municipal supuxeron que o coeficiente de transmisión térmica na gardería pase de 1,8 W/m2/K a 0,75 W/m2/K no caso dos peches. No caso da cuberta a mellora pasa de 1,4 W/m2/K a 0,28 W/m2/K.

A actuación supón reducir as emisións por ano de CO2 de 60,74 Kg/m2  a 46,72 Kg/m2 . A cualificación enerxética do edificio pasará de E a D e o aforro enerxético será do 34,04 %. O custo da obra é de 173.490,23 euros dos que o IDAE aportou 138.792,18 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies