займ срочно

Patricia Vázquez recibirá este sábado o Maruxa Villanueva de interpretación teatral

0

Bisbarra, 26 de outubro do 2023 – O concello de Padrón entregará este sábado o premio Maruxa Villanueva de interpretación teatral á actriz Patricia Vázquez.

A cita no auditorio municipal a partir das sete da tarde. Patricia Vázquez recibirá o Maruxa Villanueva de mans do alcalde Anxo Arca. O acto coincidirá coa representación da obra O porco de pé, de Excéntricas Producións, da que é protagonista a actriz santiaguesa, que ve recoñecido con este galardón tanto o seu traballo nesta produción como a súa longa traxectoria sobre as táboas e ante as cámaras.

O xurado desta vixésimo segunda edición do Premio Maruxa Villanueva estivo formado pola escritora Inma López, o profesor da Universidade da Coruña Carlos Caetano Biscainho, o dramaturgo Afonso Becerra, o director da Mostra de Teatro de Ribadavia, Roberto Pascual, e a animadora social Cruz Taboada. Na reunión celebrada o pasado mes de xaneiro recoñeceu coa súa decisión o traballo de Patricia Vázquez, unha das actrices cun percorrido máis destacado no teatro e no audiovisual galegos.

A actriz compostelá comezou a súa traxectoria no teatro nos ano 90 nunha produción do Centro Dramático Galego (CDG), compañía coa que Patricia Vázquez traballou en varias ocasións ao longo dos seus 30 anos sobre os escenarios.

A Compañía Estable, durante os anos noventa, Teatro da Lúa, Ollomol-Tranvía, a Escola Dramática Galega, Contraproduccións, RedRum e PT Excéntricas, da que forma parte na actualidade, integran tamén o seu periplo profesional.

Patricia Vázquez é, así mesmo, un dos rostros máis coñecidos para o público galego polos seus traballos no audiovisual en series como Pratos Combinados, Mareas Vivas e, sobre todo, Padre Casares, ademais de pola súa presencia no programa da TVG Era Visto.

Tamén durante varios anos integrou o dúo Chapa e Pintura co actor Carlos Blanco, co que levou a escea Stand up Comedy.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies