займ срочно

A EMAE da Estrada leva ao Teatro Principal “Pastel de Escarapote”

0

Bisbarra, 29 de setembro do 2022 – A Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE) da Estrada levará ao Teatro Principal, o 8 e o 9 de outubro, a obra  “Pastel de Escarapote”.

A presentación da nova produción da EMAE correu a cargo do concelleiro de Cultura, Juan Constenla, quen destacou o papel da Fundación Cultural no municipio, “protagonista da maioría da actividade cultural e formativa que ofrece o Concello”.

Constenla animou á veciñanza “a achegarse a gozar do moito talento que engloba este elenco de auténtico luxo que se subirá ao escenario”.  Un elenco formado por Chelo do Rejo, Cristina Andrade, Pablo Chichas, José Antonio Valcárcel e Anabel Gago baixo a dirección de Marián Bañobre coa colaboración de Lorena Rozados como axudante de dirección.

Segundo a directora “Pastel de Escarapote” é “unha proposta moi divertida, dinámica e viva para que a xente ría e goce moito”. A representación contará coa música en directo dos compoñentes do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso: Juan Núñez, Manuel Castedo e Pablo Bernárdez. 

 Na presentación Chelo do Rejo aproveitou para agradecerlle a Xosé Lueiro, Xerente da EMAE,  o seu labor “para facer medrar o teatro dunha maneira ou doutra” e fixo fincapé en que “sen él, moitas destas cousas non poderían poñerse enriba dun escenario”. A estas palabras sumouse logo o resto do elenco, asegurando que “Lueiro é o que nos empurra e o que nos apoia para abrirnos as portas dun teatro moi vivo”.

Lueiro quixo poñer en valor a adaptación do texto da obra levada a cabo por Santi Cortegoso. “Este proxecto naceu hai dez anos na miña cabeza e quedou caduco”, asegurou, e engadiu que a adaptación “dotou a obra dunha perspectiva de xénero con personaxes femininas empoderadas”. O xerente da EMAE tamén destacou a colaboración do escultor estradense Manolo Vilaverde. 

Esta comedia teatral estrearase con dous pases no Teatro Principal da Estrada: o sábado 8 de outubro, ás 21.00 horas; e o domingo 9 de outubro, ás 19.00 horas. Logo destas dúas funcións, realizará unha xira polas parroquias estradenses. 

As persoas que desexen gozar deste espectáculo poderán recoller as súas entradas, cun prezo de cinco euros no Departamento de Cultura do Concello e en Calzados A Esquina.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies