Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Boqueixón
  • Xeral

Boqueixón aprobará hoxe un orzamento de máis de 5,9 millóns de euros

O pleno do concello de Boqueixón ten previsto aprobar no día de hoxe os orzamentos para o presente ano que ascenden a 5.902.058,67 euros.
Concello de Boqueixon_DSC8820 slide_r

Bisbarra, 24 de xaneiro do 2024 – O pleno do concello de Boqueixón ten previsto aprobar no día de hoxe os orzamentos para o presente ano que ascenden a 5.902.058,67 euros.

Este importe supón un incremento do orzamento en 1.684.589,53 euros con respecto ao do 2023. O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, salienta que “se trata duns orzamentos investidores, que reforzan os servizos sociais que se prestan aos veciños e veciñas e que non recollen ningunha suba de impostos”.

Entre as principais inversións recollidas nos orzamentos de 2024 figuran os 1,7 millóns de euros para o cambio a LED de todas as luminarias do municipio, un plan de obras de 270.000 euros para melloras en estradas municipais, o acondicionamento de todos os parques infantís do concello e o inicio das obras de saneamento naquelas aldeas que o teñen pendente.

Rodeiro engade que “No eido social reforzaremos os programas de atención de axuda a domicilio e escola infantil municipal, así como os programas de conciliación: madrugadores, inglés, tardes educativas e de lecer e os programas de conciliación de Entroido, Semana santa, Verán e Nadal”.

Sen suba de impostos

Os orzamentos de 2024 non recollen ningún tipo de suba de impostos, máis aló da actualización de acordo ao IPC do último exercicio das taxas municipais, que se aprobarán na sesión plenaria de hoxe mércores. Porén, manteranse inalterables as licenzas de obra e o recibo de vehículos.

Ovidio Rodeiro destacou tamén que “este equipo de Goberno ten en carteira importantes inversións que non van recollidas neste orzamento, xa que están pendentes de ser co-financiadas por outras administracións, polo que esperamos acadar unha cifra en investimentos moi por encima dos 2,5 millóns de euros ao final do exercicio”.

Post navigation

Previous: A Xunta retira o apoio ao “Proxecto Ríos” que ADEGA desenvolve desde hai 20 anos
Next: Conversa con María Rozas, Primeira Tenente de Alcaldesa de Santiago

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.