займ срочно

Noites de cine en Boqueixón

0

Boqueixón, 8 de xullo do 2020 – O programa Noites de Cine de Boqueixón inicia esta semana unha nova edición con catro filmes a proxectar noutras tantas parroquias do municipio.

As sesións de Boqueixón, que se desenvolven co apoio da Deputación da Coruña, darán comezo este sábado 11 de xullo na Carballeira de Rodiño. Proxectarase a comedia de aventuras Os Futbolísimos a partires das 22.30 horas.

A seguinte Noite de Cine terá lugar o vindeiro sábado 8 de agosto (á mesma hora) no Campo do Río de Ponte Ledesma. Neste caso, visionarase a comedia SuperLópez.

Continuará o programa o venres 14 de agosto coa proxección do filme infantil A galiña Turuleca no Campo da Feira de Lestedo. Finalizará o ciclo Noites de Cine o sábado 15 de agosto no Campo da Festa de Oural co visionado de Copito de Neve.

Dende o Concello tomaranse todas as medidas precisas de prevención contra a COVID-19. Entre elas, asegurarase o distanciamento entre cadeiras e deberase acceder ao recinto con máscaras.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies