займ срочно

Boqueixón arranxa con  fondos propios estradas do rural

0

Bisbarra, 9 de marzo do 2023 – O Concello de Boqueixón ven de investir 300.000 euros de fondos propios no aglomerado das estradas de Casalpegito á Moa e de Ardarís a Rubial.

O concelleiro de Economía e Facenda, José Manuel Iglesias, explica que se trata de “dúas actuacións moi necesarias xa que son pistas que vertebran e comunican parroquias, polo que soportan bastante tráfico”, explica.

No caso da mellora do firme do viario da pista de Casalpegito á Moa, as máquinas aglomeraron un total de 1.950 metros de pista, así como 250 m2 de abanicos, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes. A maiores, instalouse unha cuneta de seguridade de 205 metros con sistema de recollida de augas pluviais.

No camiño de Ardarís a Rubial, actuouse en dous tramos de 1.200 e 300 metros de lonxitude, así como noutros 600 m2 de abanicos. Ao igual ca no outro proxecto, dotouse ao viario dunha capa asfáltica de 6 centímetros.

Estas dúas actuacións están recollidas nun plan municipal aprobado en xuño de 2022 e que inclúe dez proxectos “que responden ás necesidades e peticións dos veciños e veciñas de Boqueixón”, apunta o alcalde Manuel Fernández Munín.

Algúns deles se executarán en breve, como o novo parque infantil no campo da Festa de Lestedo ou o programa de sinalización de todo o municipio. Outros xa están feitos,  como a mellora dos viarios perimetrais do polígono de Camporrapado. En total suman 928.659,08 euros de fondos propios que o Concello de Boqueixón inviste en proxectos de mellora da calidade de vida da veciñanza.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies