займ срочно

IX Concurso de Fotografía “Paisaxes de Boqueixón”

0

Bisbarra, 11 de outubro do 2023 – O Concello de Boqueixón convoca a novena edición do Concurso de Fotografía “Paisaxes de Boqueixón”.

O obxectivo é fomentar a creatividade e a promoción e posta en valor da riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística de Boqueixón. Pode participar calquera persoa (menos con autorización) e o máximo de fotografías a enviar por concursante é de tres.

As imaxes deberán ser tomadas no municipio de Boqueixón e a súa temática versará sobre aspectos que recollan a riqueza natural, histórica, cultural e etnográfica do concello. As fotografías deberán presentarse en formato horizontal, cun tamaño mínimo de 2000 x 1500 px (cunha resolución de 150 pp).

Non se admitirán montaxes nin manipulacións das fotografías (salvo que sexan exclusivamente tratamentos de cor ou axustes relativos á calidade ou procesado da imaxe). Como en anos anteriores, non se admitirán fotografías nas que aparezan persoas e as imaxes propostas deberán ser orixinais e inéditas. O prazo de envío das propostas rematará o próximo 15 de novembro.

Premios

O xurado do Paisaxes de Boqueixón valorará de forma anónima as fotografías en base a criterios de calidade e complexidade técnica, composición, impacto visual, mensaxe transmitida, creatividade e orixinalidade.

A súa decisión será dada a coñecer na primeira quincena do mes de decembro e incluirá tanto a escolla de doce imaxes para o calendario do Concello de Boqueixón para o 2024 como as tres persoas premiadas.

Os premios entregaranse en forma de vales de compra que se poderán canxear en calquera establecemento do municipio. O primeiro premio estará dotado cun vale de 200 €; o segundo, cun vale de 100 €, e o terceiro, cun vale de 50 euros. As persoas que participen deberán cumprir as seguintes bases e enviar as súas propostas a través do formulario dispoñible na páxina web (www.boqueixon.gal).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies