Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Xeral

Piden no Parlamento a expropiación da Torre e o Pazo de Guimarei na Estrada

O BNG leva ao Parlamento de Galicia unha iniciativa para que a Torre e o Pazo de Guimarei, na Estrada, sexan exprropiados.
bng-torre-guimarei-parlamento-slide-10-outubro-2022_r

Bisbarra, 10 de outubro do 2022 – O BNG levou ao Parlamento de Galicia unha petición para que sexan expropiados a Torre e o Pazo de Guimarei no concello da Estrada.

A iniciativa foi presentada pola deputada nacionalista Montse Prado. A voceira na Estrada, Susana Camba, explica que “o estado de abandono da Torre, que é un elemento catalogado como BIC pola Xunta de Galiza en 1994, e os reiterados incumprimentos por parte do propietario, así como o pasotismo do goberno municipal, levounos a presentar esta iniciativa para que a Xunta expropie a Torre e o Pazo de Guimarei”.

Montse Prado, explicou que a Xunta non pode permitir que un patrimonio deste valor, e declarado BIC, estea totalmente abandonado e en estado de ruína. Ten instrumentos para actuar e ten a obriga de facelo. En caso de non ser posíbel o acordo cos propietarios para a súa adquisición, a Lei 5/2016 no seu artigo 51 “faculta á Xunta de Galiza á expropiar elementos patrimoniais catalogados como BIC, cando se pon de manifesto o incumprimento do deber de conservación dos bens de interese cultural.

A deputada engade que “a lei citada tamén contempla a expropiación dos elementos anexos á Torre, isto é o Pazo do século XVII, así como outras estruturas pertences a este, apelando ao apartado 3 do citado artigo, que di que ‘Así mesmo, serán causa xustificativa de interese social para os efectos da expropiación as melloras nos accesos aos bens de interese cultural, a dignificación do seu contorno e, en xeral, a mellora das condicións para a súa valorización e función social.’”

A concelleira do BNG, Susana Camba, indicou tamén que rexistrará unha moción no concello para instar á Xunta a expropiar o Pazo e a Torre. “Entendemos que todos os grupos con representación teñen claro que a Torre de Guimarei, mais tamén o Pazo, non poden estar permanentemente nunha silveira, unha situación na que leva décadas, deteriorándose cada ano que pasa”, afirma. “Cremos tamén que ao propietario démoslle xa demasiado tempo para que tome tome medidas para consolidar e conservar o BIC que ten en propiedade”, engade a concelleira nacionalista, “así que é hora de que o concello pase á acción”.

“Sabemos que o concello por si mesmo non o pode facer”, explica a concelleira nacionalista, “non pode expropiar estes elementos patrimoniais, entre outras cousas por unha cuestión económica, mais si pode presionar á Xunta para que tome a iniciativa”. “Agardemos que todas as forzas políticas con representación no concello estean á altura do que o noso patrimonio necesita”, afirma.

Post navigation

Previous: Melloras para o Auditorio Mingos de Pita en Melide
Next: A Casa do Patrón recreou o proceso do liño

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.