займ срочно

O BNG de Ordes proporá ao pleno cobrar as empresas polos tendidos eléctricos

0

Ordes, 17 de xaneiro do 2017 (fonte BNG Ordes) – O BNG de Ordes ven de propoñer que o concello leve a cabo os trámites precisos para elaborar e aprobar unha ordenanza fiscal para cobrarlle a correspondente taxa ás empresas titulares das instalacións de enerxía eléctrica, gas ou hidrocarburos; pola utilización ou aproveitamento do dominio público local.

Imaxe Gonzalo Malpartida

O voceiro nacionalista, Pablo Vidal sinala que “esta proposta ven avalada por diversas sentenzas do Tribunal Supremo, nas que se permite aos concellos considerar como construcións as liñas eléctricas e as conducións de gas e hidrocarburos”.

Os nacionalistas tamén propoñen que o recadado por este concepto, sexa empregado para baixar outros impostos municipais á veciñanza, como poden ser o IBI ou o ICIO.

Problemas de suministro

O BNG de Ordes tamén insta nunha moción a que a Consellería de Economía, Emprego e Industria salvagarde os intereses da veciñanza de Ordes perante os continuos problemas que sofre no subministro eléctrico.

O voceiro nacionalista, Pablo Vidal manifesta que “no 2016 tiveron lugar múltiples apagóns varios con duración prolongada, situación que novamente se repite neste comezo de ano”.

Segundo Vidal “non é comprensible esta problemática dada a situación privilexiada de Ordes de cara á subministración de enerxía eléctrica, a carón da central térmica de Meirama”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies