Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Xeral

O BNG da Estrada que rescatar o matadoiro municipal

bng a estrada recuperar matadoiro slide 12 decembro 2016_r

Imaxe das instalacións en A EstradaA Estrada, 12 de decembro do 2016 (fonte BNG A Estrada) Ante a pasividade do goberno municipal do PP, o BNG da Estrada toma a iniciativa e rexistra unha moción para a posta en marcha do matadoiro municipal do concello.

Coa presentación desta iniciativa o BNG da Estrada pretende evitar a desaparición dun servizo necesario para os carniceiros da comarca, mais ao mesmo tempo, o cesamento dunha actividade industrial e a conseguinte perda de postos de traballo, do que precisamente non estamos sobrados no noso concello.

O goberno do PP non só non trata de restablecer o servizo, co conseguinte prexuízo para o sector agro-alimentar local, senón que nin é quen de velar polo patrimonio do concello controlando as instalacións e a maquinaria de propiedade municipal, que requiren labores de mantemento para evitar o seu deterioro.

Neste sentido, a moción insta ao goberno municipal a solicitar do Xulgado a devolución das instalacións do matadoiro, así como da maquinaria que sexa propiedade do concello, xa que os posíbeis embargos sobre Cocarga, a empresa que o xestionaba anteriormente, non poden afectar ás instalacións e maquinaria do Concello, pois esta empresa só era concesionaria dun servizo municipal, sobre o que perde dereito no momento de cesar nas prestacións, permitindo ao concello recuperar a concesión. Ademais o concello é acredor da empresa polas débedas que esta teña contraído polo non pagamento do canon municipal e, mesmo, polos prexuízos ocasionados polo cesamento da actividade sen telo comunicado ou renunciado á concesión, o que en consecuencia lle fai perder os dereitos sobra a mesma.

Posta en marcha

O BNG propón dúas opcións para a posta en marcha do matadoiro. A opción doada sería ao réxime de concesión nas mesmas condicións que antes. Mais outra opción máis ambiciosa sería a de facer un estudo de rendibilidade da explotación do Matadoiro que estableza, por unha banda, a estrutura mínima de funcionamento do matadoiro: espazo, maquinaria, persoal e custos. Analizar os ingresos en base a unha actividade normal de matanza para os carniceiros de A Estrada cunha tarifa competitiva. En consecuencia ver o déficit económico da explotación.

Unha marca propia

Tendo en conta que con esta opción non se cubrirían todos os custes, o BNG propón buscar unha actividade complementaría para o matadoiro que reporte os ingresos necesarios para cubrir o déficit, como pode ser a elaboración dun proxecto de explotación municipal ou mixto que, procurando a súa rendibilidade, sexa capaz de dar servizo aos carniceiros a un prezo asumíbel complementado cunha actividade propia que dea saída á produción de carne (vacún, porcino, cabalar, aviar,ovino) comarcal que integre a produción, elaboración e comercialización baixo unha marca que a identifique e sexa garante dun xeito de crianza e manutención tradicional ou de pastoreo ao aire libre, diferenciándose así do produto industrial.

Tamén se pode contemplar a instalación dunha sala de despece e un servizo de matanza a particulares que inclúa a recollida de animais, matanza,  despece e servizo a domicilio.

Con esta moción, o BNG da Estrada vai máis alá de abrir simplemente o matadoiro municipal, xa que con esta iniciativa sería un dos alicerces onde se asentaría o despegue do rural, onde a actividade gandeira sería a clave.

Post navigation

Previous: O alcalde de Compostela ameazado de multa en máis de 20 sentenzas por erros de anteriores gobernos
Next: Ordes conmemorou o Día Internacinal das Persoas con Discapacidade 

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.