займ срочно

Califican de desastre a Feira do Moble da Estrada

0

A Estrada, 28 de setembro do 2017 – O BNG da Estrada considera que a Feira do Moble da Estrada foi un desastre e que confirma a perda de expositores nos últimos 10 anos.

O portavoz nacionalista, Xosé Magariños, compareceu en rolda de prensa para facer unha valoración da Feira do Moble, que pechou o pasado domingo a edición de 2017 da que dixo que “foi un desastre, pero o peor é que leva anos sendo un desastre e o único responsábel deste declive é o alcalde da Estrada e o Partido Popular”.

Magariños explicou que “En 10 anos a Feira do Moble da Estrada perdeu o 80% dos expositores, na edición de 2007 había 250 expositores e este ano con 50 os números cantan claro e indican que ou se toman medidas drásticas para frear este desastre ou vexo moi difícil que en 2018 haxa unha nova edición da Feira”.

O BNG explica que dos 50 expositores que participaron na Feira do Moble so catro eran da Estrada e un participou coa intención de liquidar o stock antes de xubilarse.

Xosé Magariños di que a situación “ten no PP da Xunta e do concello aos seus máximos responsábeis, xa que levan desde 2009 sen facer nada polo sector, e a única aposta que había, a Cidade do Moble, leva anos enterrada en San Caetano durmindo o soño dos xustos mentes o sector agoniza por falta de investimentos e apoios públicos.”

Magariños tamén acusou ao alcalde de falta de diálogo co sector. “O sector do moble da Estrada cambiou radicalmente nos últimos 10 anos, pero o alcalde da Estrada aínda sigue polo conto da vella e acabará por enterrar unha feira que era a referencia obrigada de todo o sector do moble de Galiza”.

O concelleiro nacionalista instou ao alcalde “a tomar medidas urxentes e drásticas, un traballo no que ten que implicar á Xunta de Galiza do Partido Popular, porque, temos que recordar, que o  Fundación de Exposicións e Congresos que organiza á feira está presidida polo conselleiro de industria.”

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies