займ срочно

A autovía da estrada avanza despois de 16 anos de parón

0

Bisbarra, 12 de marzo do 2024 – O presidente en funcións da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou as obras do novo treito da autovía á Estrada entre A Ramallosa e Pontevea, en Teo.

A autovía entrou en servizo no ano 2008, sendo inaugurada polo ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, desde entón as obras dos seguintes tramos quedaron paradas. O trazado recibiu nos últimos anos distintas críticas, en especial no que afecta ao núcleo de Pontevea.

A principios de este mesmo mes anunciáronse melloras como a construción dunha rotonda temporal mentres non entre en servizo o segundo tramo que vai desde Pontevea á Estrada.

Rueda destacou na visita que esta autovía “É unha infraestrutura moi demandada e necesaria que vai ter unha gran incidencia na améndoa central de Galicia, en todos os concellos que hai arredor da capital”.

O titular do Goberno galego estivo acompañado da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, e da alcaldesa de Teo, Lucía Calvo. Os traballos en este primeiro tramo comezaron o pasado mes de outubro. O investimento previsto é de 36 millóns de euros e, tal e como salientou Rueda,  a previsión é que estea operativo a finais do verán de 2025.

En paralelo, a Xunta vai traballar para avanzar no segundo treito. A previsión é aprobar o proxecto de obra no terceiro trimestre do ano e poder licitalas a finais deste 2024.

Share.

Comments are closed.