Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada

O BNG de A Estrada reclama que a web municipal sexa actualizada para móbiles

BNG A estrada web concello obsoleta slide 12 marzo 2017_r

Table of Contents

Toggle
  • A Estrada, 12 de marzo do 2017 ( fonte BNG A Estrada) –  Desde o BNG de A Estrada instan ao goberno municipal do PP a que tome as medidas oportunas para actualizar a web do concello, que non permite a correcta navegación por ela utilizando os dispositivos móbiles.
    • Un concello pouco transparente

A Estrada, 12 de marzo do 2017 ( fonte BNG A Estrada) –  Desde o BNG de A Estrada instan ao goberno municipal do PP a que tome as medidas oportunas para actualizar a web do concello, que non permite a correcta navegación por ela utilizando os dispositivos móbiles.

Diversos estudos consultados polo BNG de A Estrada, así como as estatísticas doutras webs ás que os nacionalistas accederon, indican que hoxe en día máis do 60% do tráfico web faise a través de dispositivos móbiles, e a web do concello da Estrada non está adaptada para este tipo de aparatos, cuxa navegación a través das distintas seccións é un auténtico suplicio para o veciño e veciña que a consulte utilizando un móbil por exemplo. 

É incomprensíbel que un concello que recibiu máis de catro millóns de euros para o proxecto A Estrada Dixital, que debía poñer ao concello na vangarda no uso das novas tecnoloxías, sexa exemplo de todo o contrario por obsoleto e chapuceiro, que aínda hoxe non foi quen de poñer a andar a administración dixital.

Un concello pouco transparente

Pero outros dos aspectos negativos da web do concello de A Estrada é a escasa, desactualizada e desordenada información que ofrece na sección do “Perfil do contratante”. 

Queremos recordarlle ao goberno municipal que está obrigado por lei a publicitar os contratos públicos, as subvención e axudas, os convenios, etc, así como as retribucións dos cargos con dedicación exclusiva, unha información que actualmente o concello da Estrada non proporciona. Parece que o PP ten pouco interese en contarlle aos veciños e veciñas como gasta os cartos públicos que recada e xestiona.

Post navigation

Previous: O Partido Galeguista de Padrón nega ningún tipo de preacordo co equipo de goberno                                         
Next: O Partido Galeguista de Padrón falará coas bases antes de seguir falando co alcalde

Máis novas

XIII Noite Folk en San Xurxo De Bea na Estrada
3 minutes read
  • A Estrada

Noite Folk de San Xurxo de Vea

Alfonso Rueda percorrendo o novo tramo da AG-59
3 minutes read
  • Xeral

A Estrada máis cerca de Compostela

Caratula do libro Andrómedas e Credos
2 minutes read
  • A Estrada

Presentación de “Andrómenas e credos. Suma mitolóxica de Cerdedo e Montes”

Cartel de presentación do libro na Asociación Vagalumes
2 minutes read
  • Xeral

A Asociación Vagalume presenta “Volveredes brindar por min. unha biografía de Begoña Caamaño”

Cartel concentración contra a pesca do salmón
5 minutes read
  • A Estrada

Piden a suspensión da pesca do salmón no Ulla

a estraa bng sinalizar fochancas 19 xaneiro 2026 (1)
2 minutes read
  • A Estrada

Iluminando as fochancas

negreira reunion SLIDE
1 minute read
  • A Estrada

Tres Negreira

compopstela fondos feder 4 outubro 2025
3 minutes read
  • A Estrada

Compostela, Ames, A Estrada e Ribeira  reciben máis de 22 millóns de fondos Feder

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.