займ срочно

A bisbarra xa está preparada para o ocio de verán

0

Bisbarra, 19 de xuño do 2017 . A maioría dos concellos da bisbarra abriron xa as piscinas descubertas e presentaron as actividades de campamento e natación  que desenvolverán ao longo dos próximos meses.

Ames

Ames abría oficialmente o periodo estival o pasado xoves. O horario de apertura das piscinas do Milladoiro e Bertamiráns será de 11:00 a 21:00 horas, de luns a domingo, mentres que na praia fluvial de Tapia o horario de apertura será de 15:00 a 21:00 horas, de luns a venres, e os sábados e domingos, de 11:00 a 21:00 horas. O servizo de vixilancia estará activo ata o 15 de setembro, incluídos os domingos e os festivos. O horario será ininterrompido, pero haberá diferenzas entre Tapia e as piscinas. Así, na praia fluvial de Tapia haberá catro socorristas, mentres que nas piscinas municipais descubertas do Milladoiro e de Bertamiráns haberá dous socorristas en cada unha das piscinas.

A Baña

Os veciños de A Baña terán que agardar ata o próximo luns pata disfrutar da piscina municipal que permanecerá aberta en horario de 15:30 a 21:00 horas (xuño, xullo e agosto) e de 15:30 a 20:00 horas durante o mes de setembro. O abono mensual terá un prezo de 25 € e a entrada individual por día é de 2 euros. Neste espazo desenvolveranse os cursos de natación durante o mes de xullo (do 3 ao 31), de luns a xoves e en horario de 11:00 a 14:00 horas. Estes cursos están dirixidos a nenos e nenas a partir de 4 anos e o seu prezo é de 30 euros (sen transporte). Os interesados en participar deberán formalizar a súa inscrición ata o vindeiro 29 de xuño na Concellería de Cultura. A primeira semana estableceranse os grupos do cursiño de natación.

Tanto no mes de xullo como no de agosto celebrarase unha clausura de actividades celebradas ao longo do mes correspondiente. O escenario será a área recreativa de Agra de Chans, ás 12:00 horas. A actividade, aberta a todo o público, contará co espectáculo ‘As aventuras de Mama Cabra. Contos que saen dos libros’, en xullo; e ‘Tita. Babaluva teatro’, en agosto.

Brión

Ademais da piscina descuberta o concello de Brión, tras o éxito do ano pasado, convoca outras catro acampadas de fin de semana. Dúas serán familiares, para familias con nenos de 3 a 6 anos o 1 e 2 de xullo e o 29 e 30 de xullo. A acampada infantil, para nenos de 6 a 9 anos, terá lugar o 15 e 16 de xullo mentres que a acampada xuvenil, para nenos de 10 a 14 anos, será o 2 e 3 de setembro. Todas as acampadas terán lugar na área de piragüismo de Ons e os prezos por participante serán de 10 euros, que se reducen a 5 euros no caso do segundo irmán/irmá e gratuíto para os seguintes.

Tamén volven os Cursos de Natación e Actividades Complementarias, un campamento urbano para nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade, que terá lugar do 3 ao 31 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas, na piscina municipal e no polideportivo municipal. O custe é de 25 euros por persoa e semana (transporte incluído), 13 euros no caso de segundo irmán/irmá e gratuíto para terceiro e seguintes. A admisión realizarase por orde de inscrición e o prazo de inscrición estará aberto ata o próximo 23 de xuño, na Casa da Cultura, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Terán preferencia as persoas empadroadas en Brión, podendo participar as de fóra do municipio só no caso de quedaren prazas libres.

Lousame

O Concello de Lousame convoca os seus tradicionais cursos de natación, dirixidos a todas as idades e que terán lugar ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro na piscina municipal da Silva. Os cursos terán un prezo de 6 euros por mes e desenvolverase en horario de mañá, de acordo cos grupos de idades que se conformen.

Máis información e inscricións no Departamento de Deportes do Concello de Lousame (primeira planta da Casa da Cultura Santeiros de Chave) ou chamando ao teléfono 981 825 780.

Ordes

Ordes abriu este pasado sábado a piscina de O Muiño o que agradeceorn os veciños dadas as altas temperaturas de estes días. Ata o 23 de xuño estará aberta a inscrición para participar nos cursos de natación que terán lugar nas mesmas instalacións en xullo e agosto. As persoas interesadas a partir de 3 anos deberán apuntarse na  Concellería de Deportes de 9 a 14 horas. Os prezos oscilan de 30 a 20 € mensuais segundo sexan maiores de 16 anos ou non. As clases terán lugar de luns a venres en horario de mañá. O aboamento desta tarifa concede o dereito de poder utilizar as instalacións da piscina durante o mes correspondente, tendo descontos do 50% para as familias numerosas. Quen desexe facer un carné para esta tempada deberá solicitalo igoalmente na Concellería de Deportes. Será preciso que ademais dos seus datos persoais achegue tamén unha fotocopia do DNI e unha fotografía tamaño carné. No caso das persoas adultas o custo para toda a tempada será de 20 € e para as menores 12 €. Tamén se poderá adquirir por mensualidades, en cuxo caso o prezo será de 12 e 6 € respectivamente. No caso de xuño esta contía reducirase a 2,6 e 5,2 €, mentres que en setembro será de 2,2 e 4,4 €, segundo sexan para  menores ou maiores. Os prezos para adquirir entradas por xornadas soltas será de 1,50 € para as persoas adultas e de 1 € para os nenos e nenas.

Oroso

Oroso foi o máis madrugador en canto a piscinas xa que leva aberta desde o pasado día 1 de xuño cun horario que vai das 11 as 21 horas tódolos días.

Os prezos dos carnés mantéñense sen incrementos sobre os últimos anos. Así os veciños e veciñas empadroados en Oroso terán un desconto de 7 euros sobre a tarifa xeral: 17 euros (de 4 a 16 anos) e 25 euros (maiores de 16 anos). As persoas non empadroadas terán unha cota de 24 euros (de 4 a 16 anos) e de 32 euros (maiores de 16 anos). A maiores, o Concello de Oroso establece un desconto do 20% para familias numerosas. O prezo das entradas será de 1,5 euros (de 4 a 16 anos) e 2 euros (maiores de 16 anos).

Os veciños interesados en tramitar o carné de socio deberán presentar a solicitude e abonar as cotas on-line a través da páxina web municipal (www.concelloooroso.com, sección “Instalacións Deportivas”). Para optar aos descontos por familia numerosa será preciso achegar o correspondente xustificante mentres que as novas altas deberán entregar unha foto tamaño carné.

Quedan ademais lugares como as piscinas de Sar en Compostela ou a área recreativa de Chaian, a Pontevea en Teo, Merza en Silleda… unha chea de espazos de lecer dos que iremos contando cousas ao longo do verán.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies