займ срочно

A voltas co transporte metropolitano

0

Bisbarra, 14 de febreiro do 2020 – O transporte metropolitano preocupa desde hai tempo na bisbarra e a proximidade da posta en marcha das novas rutas inquieta a concellos e veciños.

Ames, Teo, Brión, Oroso e Negreira veñen de solicitar información e Compostela recupera a idea dun consorcio para a xestión do transporte metropolitano.

Solicitude de reunión

Os concellos mencionados veñen de solicitar unha xuntanza urxente coa Dirección Xeral de Mobilidade para coñecer os detalles do procedemento de licitación das novas liñas da área de Compostela. Estando a piques de rematar o proceso de presentación de ofertas, e coa información publicada, estes cinco Concellos solicitan coñecer o detalle das liñas ofertadas, así como as alegacións presentadas ao anteproxecto, tanto as aceptadas como as rexeitadas, e a motivación técnica das mesmas.

A voltas co transporte metropolitanoO alcalde de Ames, José Miñones, a concelleira de Mobilidade de Teo, Iría Otero, o alcalde de Brión, José Luís García, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o alcalde de de Negreira, Manuel Ángel Leis, acaban de remitirlle unha carta ao director xeral da  Dirección Xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro Saavedra, solicitándolle unha xuntanza urxente de cara a coñecer os detalles do procedemento da licitación do servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estradas.

o 21 pecha a recepción de ofertas

O proceso de licitación das novas liñas de transporte metropolitano da área de Santiago de Compostela pechará o prazo de presentación de ofertas o vindeiro día 21. Unha das queixas dos municipios é que dito proceso iniciouse sen notificarlles nada ao respecto e coa posibilidade de que a notificación das resolucións das alegacións fora a posteriori.

Estes cinco Concellos da área de Compostela demandan maior información por parte da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, especialmente no referente a ditas alegacións presentadas das que, polo momento, os Concellos non teñen coñecemento algún.

Ademais, os concellos recordan que na xuntanza da Comisión de seguimento do mes de marzo de 2019 a Delegación de Mobilidade comprometeuse a reunirse cos Concellos previamente á publicación dos anteproxectos, tal e como quedou recollida na acta, sen que ditas reunións tivesen lugar con estes cinco Concellos.

Aposta polo Consorcio de Transportes

Pola súa banda o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, aposta por crear un consorcio que coordine e xestione o transporte metropolitano da área de Compostela. Bugallo lembrou que en esta área o servizo move arredor dun millón de pasaxeiros ano “Este órgano contaría coa Xunta de Galicia como socio maioritario, na súa condición de titular das liñas, e coa participación proporcional dos concellos implicados en función do número de usuarios que achegan a este transporte metropolitano”.

O alcalde fixo estas declaracións no transcurso dunha reunión co alcalde Oroso, Manuel Mirás, na que trataron distintos asuntos que afectan a ambos os dous concellos. Bugallo anunciou a convocatoria dunha reunión, para tratar este tema, con Ames, Teo, Brión, Boqueixón, Vedra e Val do Dubra unha vez rematadas as eleccións autonómicas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies