Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Xeral

O ex-director xeral de Minas da Xunta declarará de novo no xulgado sobre a mina de san Finx

Ángel Bernardo Tahoces, ex-director xeral de Planificación Enerxética terá que declarar no xulgado por irregularidades na mina de San Finx.
san-finxs-declaracion-tahoces-slide-26-xunho-2023_r

Bisbarra, 28 de maio do 2023 – Ángel Bernardo Tahoces, ex-director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta, terá que declarar no xulgado por irregularidades relacionadas coa mina de San Finx.

Ángel Bernardo Tahoces

O Xulgado de Instrución número 3 de Santiago cita a Tahoces como imputado acusado de varios delitos de falsidade documental relativos ás minas de San Finx, en Lousame. No mesmo auto chámase aos outros imputados no caso, o xefe do servizo de enerxía e minas na Coruña e un dos funcionarios do mesmo departamento.

Todos eles terán que presentarse no xulgado de Santiago o 21 de setembro por unha causa penal na que están persoadas como acusación popular a Confradía de Pescadores de Noia, Ecoloxistas en Acción e Verdegaia. Estes colectivos denunciaran que informes asinados por Ángel Bernardo Tahoces contiñan información falsa sobre diversos aspectos da mina de San Finx.

Segundo os denunciantes os informes “pretendían beneficiar á empresa concesionaria tentando facer pasar a presa de residuos mineiros de San Finx como parte das instalacións dunha central hidroeléctrica inexistente e, un ano máis tarde, relacionándoa cun muíño de millo”.

Os colectivos lembran no seu escrito ao xulgado que a presa de formigón, de 50 metros de largo e 14 de alto, construída pola empresa mineira en 1939 como depósito de lodos, apareceu nos plans oficiais de labores ata que se deixaron de presentar no ano 2000.

Augas de Galicia recoñeceu que en caso de colapso os residuos mineiros almacenados causarían un importante impacto ambiental augas abaixo, estando a tan só 7 km da ría de Noia. Evitando recoñecer que se trataba dunha presa de residuos mineiros os imputados presuntamente terían tentado evitar as responsabilidades da empresa concesionaria, que tería que facer fronte a unha restauración valorada en varios millóns de euros, e danos multimillonarios en caso de colapso e afectación ás zonas de marisqueo na ría.

Os mesmos funcionarios e alto cargo “tentaron ocultar a existencia da contaminación con metais pesados, apoiando o argumento falso da empresa de que os altos niveis de elementos tóxicos eran orixinais, e insistiron unha e outra vez que non era necesario someter o proxecto a unha avaliación de impacto ambiental, algo que a propia Xunta acabou recoñecendo que era imprescindible para a continuidade da explotación”.

Este non é a única causa penal que afecta as minas de San Finx, unha vez que en paralelo a Confradía de Noia está igualmente persoada como acusación popular noutra causa dos xulgados de Santiago contra catro funcionarios e altos cargos de Augas de Galicia por malversación, prevaricación e falsidade, así como nun proceso por delitos medioambientais que se instrúe nos xulgados de Noia contra a empresa mineira e os seus directivos australianos.

Post navigation

Previous: Peregrinos Musicales comeza cun concerto en homenaxe a Sergei Rachmaninoff
Next: Compostela móstrase orgullosa da súa diversidade

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.