Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Noia
  • Porto do Son
  • Xeral

Os niveis de cadmio en San Finx son 78 veces máis dos permitidos

Os datos non deixan dúbidas. As mostras tomadas por Augas de Galicia no río San Finx detectan que os niveis de cadmio, cobre o cinc superan por moito o permitido.
noia-xulgado-mina-san-finx-slide-17-maio-2023_r

Bisbarra, 1 de setembro do 2023 – Os datos non deixan dúbidas. As mostras tomadas por Augas de Galicia no río San Finx detectan que os niveis de cadmio, cobre ou cinc superan por moito o permitido.

As medicións foron realizadas no San Finx o pasado 11 de agosto, tanto antes como despois da mina. As mostras tomadas augas abaixo contiñan 78 veces máis de cadmio, 48 máis de cobre e ata 8 veces máis de cinc do que autoriza a lexislación.

En contraste con estes datos, na mostra tomada augas arriba, na zona do museo, os valores encontrábanse dentro da legalidade, o que evidencia que a contaminación se produce polas vertidos ilegais e lixiviados que continúa causando a mina.

A Plataforma esixe á Xunta que inicie os correspondentes expedientes sancionadores por vertidos ilegais e retire, á empresa mineira que opera en San Finx, a autorización de verteduras concedida ilegalmente no pasado mes de febreiro, por vulneración do condicionado.

Por outra parte, as confrarías de Noia e Portosín, que iniciaron un proceso penal contra a mineira por presuntos delitos contra o medio ambiente, xa trasladaron estas novas evidencias ao Xulgado instrutor da causa en Noia, solicitando que adopte medidas cautelares para evitar a continuidade do dano.

Procesos xudiciais pendentes

Á marxe da causa penal, xa están en curso varios procesos xudicial contra a propia autorización de verteduras, desta volta sendo os xulgados do contencioso de Santiago os que terán que resolver sobre a legalidade do permiso outorgado o pasado mes de febreiro.

Mesmo así, adiantan una avalancha de demandas unha vez que Augas de Galicia aínda non resolveu os máis de 20 recursos de alzada presentados contra a autorización, incluíndo os das confrarías de Noia, Portosín, Porto do Son, Muros e Rianxo, as organizacións de produtores de mexillón Olvimar e a APM da Pobra, así como Ecoloxistas en Acción, Federación Ecoloxista Galega, ADEGA, Verdegaia, Sociedade Galea de Historia Natural, Montescola, Sindicato Labrego Galego, Tralapena e Salvemos Monteferro.

Para a plataforma comarcal os recursos presentados evidencian a enorme oposición social a unha autorización en San Finx que se outorgou tras sete anos de irregularidades. Lembran que os propios altos cargos e funcionarios da Xunta que outorgaron a autorización de vertidos están imputados nunha causa xudicial paralela por presuntos delitos de prevaricación, malversación e falsidade documental.

Post navigation

Previous: O concello de Santiago tarda máis de 70 días en pagar as facturas
Next: Compostela adxudica a restauración da contorna dos ríos Sar e Sarela

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.