Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Queixa polos novos custos da AP-53

O Bloque Nacionalista Galego da comarca do Deza denuncia as peaxes da autoestrada de Ourense, a AP-53, que consideran desproporcionados.
queixas-peaxes-ap-53-slide-normal-16-xaneiro-2023_r

Bisbarra, 16 de xaneiro do 2023 – O Bloque Nacionalista Galego da comarca do Deza denuncia as peaxes da autoestrada de Ourense, a AP-53, que consideran desproporcionados.

Os nacionalistas lembran que en outros lugares como Madrid o Goberno rescatou ata oito tramos de estradas radiais da capital mentres aquí séguese a pagar. Engaden que os prexudicados son sectores que terán un lastre máis na súa actividade económica e consecuentemente prexudicará a todos os veciños da comarca.

O BNG critica a postura do alcalde de Lalín, José Crespo, xa que “foi o seu partido cando gobernaba Aznar o que prorrogou as concesións da AP-9 e da AP-53 ata o 2048. Agora reclama a transferencia a Galicia pero cando o BNG o pedía era rexeitado”.

Tamén poñen o foco no feito de que se trata da única autoestrada que non ten rebaixa para os usuarios habituais, que a Xunta puxo 60 millóns de euros para a súa construción pese a non ser da súa competencia e que en días de chuvia “principalmente no treito da autoestrada que comunica Santiago e Lalín a circulación por esta vía de alta capacidade  encerra unha perigosidade que debe de ser resolta con urxencia. O carril dereito da marcha en ambos sentidos non é capaz de drenar correctamente a auga, polo que se forman importantes acumulacións e pozas que dificultan a circulación e poñen en perigo os condutores”.

O BNG remata a nota de prensa explicando que “A redución das tarifas na AP-53 será positivas para a a comarca e para toda Galiza, xa que gran parte do tráfico con destino ou saída na  Galiza central vai por esta vía, e se non o fai é pola súa exorbitada tarifa”.

Post navigation

Previous: A Xunta ampliará o colexio Agro do Muíño en Ames
Next: Benditos animais

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.