Bisbarra, 19 de xuño do 2023 – Hoxe comeza de forma efectiva o novo mandato en case todos os concellos. No Barbanza un recurso, e o retraso na toma de decisións da Xunta Electoral, provocou que ata o vindeiro sete de xullo non se formen as novas corporacións.
Se non se consideran sorpresas si hai que chamalas, polo menos, novidades en algúns concellos. A maioría absoluta do Psoe en Santa Comba ou que tamén os socialistas consigan a alcaldía de Padrón van marcar un rumbo. O BNG apoiou corporacións como a de Negreira, que repite alcalde socialistas, ou na Baña onde entran no goberno. En Val do Dubra ANOVA e Psoe forman u bipartito para os catro anos que relega ao PP á oposición. En Compostela o xa coñecido goberno en minoría de BNG e Compostela Aberta non descarta aínda que o Psoe se incorpore nos vindeiros meses.
O Partido Popular pola súa banda renova e mesmo crece en concellos como Vedra, Boqueixón, Ordes, Frades, O Pino ou Trazo. Perde sen embargo o concello de Touro, que estará en mans do Movemento Veciñal apoiado polo Partido Galeguista e o BNG, ou a xa mencionada de Padrón.
A continuación como quedan as principais corporacións da bisbarra. Clicando nos concellos iredes ao detalle. Se o estás vendo no mobil, xirao para ver toda a bisbarra.
Ordes | ||||||||||
Sta. Comba | ||||||||||
Val do Dubra | Frades | |||||||||
Trazo | Oroso | |||||||||
A Baña | Santiago de Compostela | |||||||||
Negreira | AMES | O Pino | ||||||||
Brión | Touro | Arzúa | Melide | |||||||
Teo | Boqueixón | |||||||||
Rois | ||||||||||
Lousame | Padrón | Vedra | ||||||||
Dodro |
AMES 31.900 habitantes
Goberna o Psoe en minoría, foi a lista máis votada. Na sesión constitutiva só recibiu os votos do seu grupo xa que o PP votouse a si mesmo, e o BNG e Espazo Común abstivéronse. Psoe 8 PP 7 BNG 5 Espazo Común 1.
ARZUA 5.900 habitantes
Goberna BNG en minoría. Polo momento non se pecha a posibilidade dun acordo. Na sesión de investidura ao BNG o votou Psoe e Alternativa por Arzúa. BNG e Alternativa por Arzúa conseguiron 3 concelleiros aínda que o BNG con máis votos. O Psoe ten un concelleiro que pode inclinar a balanza e o PPP seis concelleiros sendo a lista máis votada.
A BAÑA 3.300 habitantes
Gobernará o Psoe nun goberno de coalición co BNG. A nº 1 do BNG fora nas listas do Psoe e seis meses antes marchou ao grupo mixto aparecendo como cabeza nacionalista nas eleccións. O PP conseguiu 5 concelleiros e o Psoe outros cinco, o PP foi o máis votado por apenas 19 votos. O BNG conseguiu un concelleiro que inclina a balanza.
BOQUEIXON 4.100 habitantes
O PP gobernará con maioría absoluta e 8 concelleiros mentres que Veciños de Boqueixón consegue 3. Quedan fora da corporación Psoe e BNG.
BRION 7.900 habitantes
O Psoe gobernará en minoría ao ser a lista máis votada. Na sesión constitutiva PP e Psoe votáronse a si mesmos e o BNG abstívose. O Psoe conseguiu 6 concelleiros por catro do PP e 3 do BNG.
DODRO 2.700 habitantes
O Psoe, tres concelleiros, continuará na alcaldía grazas aos dous votos de Unidade Veciñal de Dodro. O BNG con un concelleiro abstívose. PP e Xente de Dodro, con tres concelleiros (liderada polo anterior candidato do PP, descartado no último momento) e o PP, con dous concelleiros, optaron por votarse a si mesmos.
FRADES 2.300 habitantes
O PP gobernará de novo con maioría absoluta aínda que perdeu un concelleiro quedando con 6. O Psoe sube un concelleiro e chega aos 4, mentres que o BNG repite cun concelleiro.
LOUSAME 3.200 habitantes
O PP volverá a gobernar en lousame con maioría absoluta aínda que perdeu un concelleiro quedando con 6. O Psoe sube un concelleiro e chega aos 4, mentres que o BNG repite cun concelleiro.
MELIDE 7.400 habitantes
Adiante Melide volverá a gobernar aínda que comezan en minoría, 5 concelleiros. Recibiron os votos de Psoe, 1 concelleiro, e BNG 1 concelleiro. O PP foi a lista máis votada pero os seis concelleiros non lle dan maioría absoluta.
NEGREIRA 6.700 habitantes
O Psoe gobernará en minoría grazas a, polo momento, apoios puntuais do BNG. PP e Psoe empataron a 6 concelleiros polo que o único concelleiro do BNG, que apoiou ao candidato socialista na investidura, é decisivo.
ORDES 12.600 habitantes
O Partido Popular renova a maioría absoluta sendo a forza máis votada e conseguindo nove concelleiros. O BNG é o que máis crece ao pasar de tres a seis concelleiros e o Psoe mantén os dous ue tiñas.
OROSO 7.500 habitantes
O PP gobernara con maioría absoluta grazas a subir tres concelleiros e chegar a sete. O Psoe perde un concelleiro quedando en cinco e o BNG mantén o que tiña.
PADRÓN 8.300 habitantes
O Psoe empata a concelleiros, seis, co Partido Popular pero é a forza máis votada. O BNG acada un concelleiro e apoia a investidura do Psoe mentres seguen negociando na procura dunha coalición.
O PINO 4.600 habitantes
O Partido Popular renova maioría absoluta e crece xa que pasa de seis a sete concelleiros. O BNG mantén os dous que tiña e o Psoe perde un quedando en dous concelleiros.
ROIS 4.400 habitantes
O Partido Popular renova maioría absoluta e crece xa que pasa de sete a oito concelleiros. O BNG mantén o que tiña e o Psoe perde un quedando en dous concelleiros.
SANTA COMBA 9.300 habitantes
O Psoe consegue a maioría absoluta con sete concelleiros. Na oposición estará unicamente o Partido Popular con seis concelleiros.
SANTIAGO 97.800 habitantes
A alcaldía queda en mans do BNG que gobernará en minoría cos seis concelleiros e os dous de Compostela Aberta. O Psoe apoia a alcaldía do BNG pero se quedará na oposición con seis concelleiros. O Partido Popular é a forza máis votada con once concelleiros.
TEO 18.700 habitantes
O Partido Popular consegue a maioría absoluta con nove concelleiros. O Psoe perde un quedando con tres edís e o BNG sube un, quedando tamén con tres concelleiros. O Proxecto Común de Teo (antes Son de Teo) acada dous concelleiros.
TOURO 3.400 habitantes
O Movemento Veciñal de Touro con catro concelleiros faise coa alcaldía grazas ao apoio do Partido Galeguista, un concelleiro, e o BNG, un concelleiro. As conversas para formar goberno continúan esta semana. O Partido Popular perde un concelleiro, quedando con cinco, e pasará á oposición.
TRAZO 3.000 habitantes
O Partido Popular consegue a maioría absoluta con oito concelleiros. O Psoe perde un quedando con un só concelleiro ao igual que Xuntos por Trazo e o BNG.
VAL DO DUBRA 3.800 habitantes
Gobernará o Psoe nun goberno de coalición con ANOVA xa que cada un dos partidos ten tres concelleiros por cinco do Partido Popular que pasará á oposición.
VEDRA 5.000 habitantes
O Partido Popular renova a maioría absoluta e mantén os oito concelleiros. O BNG sube un, quedan con tres edís e o Psoe perde un quedando con dous