займ срочно

Primeira Liga Galaica de Resistencia BTT

0

Bisbarra, 15 de xaneiro do 2020 – Os concellos de Ames, Camariñas e Noia organizan ao longo de xaneiro e febreiro a primeira Liga Galaica de Resistencia BTT que se abre con 400 prazas dispoñibles.

As probas de Resistencia BTT comezarán o próximo día 26 en Noia, o 2 de febreiro os participantes competirán en Ames e xa o 16 de febreiro rematará a liga en Camariñas. As inscricións poderán formalizarse no seguinte enlace.

Tres probas, 3 clubs

Os clubs ciclistas Os Esfola Arrós (Ames), O Toxo (Noia) e Baikers do Vilán (Camariñas), en colaboración cos Concellos de Ames, Camariñas e Noia, son os responsables da organización das distintas probas de 3 horas de duración cada unha. Os prezos de inscrición son de 15 € por participante individual, 24 € para as persoas que participen en parella e 30 € para as que o fagan en tríos.

Presentación Liga Resistencia BTTA nova Liga Galaica de 3 horas de Resistencia BTT foi presentada no salón de plenos noiés polos concelleiros de Deportes de Ames, Susana Señorís; Noia, Laura Salgado; e Camariñas, Fabián Canosa; que estiveron acompañados por Miguel Mato, presidente do CPC O Toxo; José Losada, membro da xunta directiva do club ciclista Os Esfola Arrós; e Juan Ramón Martínez Castro, presidente do club Baikers do Vilán.

Regulamento e premios

O regulamento será igual para as tres carreiras e haberá premios individuais para os tres primeiros clasificados, masculinos e femininos, nas categorías: Xeral, Xuvenil (2004-2001), Senior (2000-1991), Veteranos A (1990-1981), Veteranos B (1980-1971) e Veteranos C (1970-1951); así como premios aos tres primeiros nas categorías de relevos de 2 e de 3 persoas nas categorías masculina, feminina e mixta.

A Liga conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través de Deporte Galego, da Deputación Provincial da Coruña e de Rótulos Orixinal Imaxe.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies