займ срочно

A Deputación remata unha senda peonil en Santiso

0

Bisbarra, 17 de xunho do 2020 – A Deputación da Coruña rematou as obras de mellora da seguridade vial na estrada provincial DP 4603, ao seu paso polos núcleos de A Balada e Vilar de Ferreiros, no termo municipal de Santiso.

Os traballos en Santiso supuxeron un investimento de 360.265 euros para a construción dunha senda peonil de 2.800 metros de lonxitude. Trátase dunha zona que atravesa tres núcleos rurais nos que hai numerosas vivendas dispersas, a pesar do cal non existía unha conexión peonil que permitira á veciñanza realizar os seus desprazamentos con seguridade. Esta nova senda forma parte do plan da Deputación de crear sendas e beirarrúas que melloren a seguridade dos viandantes na rede provincial de estradas, especialmente nos núcleos rurais.

A nova senda, de 1,5 metros de ancho,  executouse en formigón armado de 15 cm de espesor sobre unha base de zahorra artificial. Nas beirarrúas da Balada substituíronse os tramos de baldosas existentes polo mesmo pavimento de formigón do resto da senda, mantendo o bordo. Así, toda a senda discorre ao nivel da calzada, excepto neste tramo, onde se mantén a altura das antigas beirarrúas

A Deputación remata unha senda peonil en SantisoNa contorna de Vilar de Ferreiro, a creación da senda supuxo un estreitamento dos carrís, polo que se executou en toda calzada do tramo afectado un tratamento superficial con microaglomerado en frío que mellora a adherencia dos vehículos.

A actuación incluíu tamén o acondicionamento dos espazos libres de dominio público coma zonas verdes, mediante o estendido de terra vexetal e a prantación de céspede e árbores, a colocación de bancos e caixas de madeira para a ocultación dos contenedores do lixo, o que supuxo unha notable mellora estética da zona.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies