займ срочно

A bisbarra contra o Coronavirus VI, medo e incerteza

0

Desde este 30 de marzo só poderán saír a rúa os servizos esenciais pero en Lindeiros esta pasada semana percorremos a bisbarra para preguntar aos que seguen aí fora traballando como están vivindo a pandemia do Coronavirus

Son tan só unhas cantas voces da bisbarra. Momentos collidos ao longo do día pero que mostran que tras as brincadeiras e os aplausos hai medo e desconcerto na poboación.  Tamén incerteza, o Coronavirus deixa unha incerteza moi grande sobre o que vai pasar.

Cara ao norte

A bisbarra contra o Coronavirus VI, medo e incerteza

Oroso

É cedo na maña. A praza do concello en Oroso tren a operarios limpando e desinfectando as rúas e nunha esquina atopamos a un camión de polos. O consumo non diminuíu pese ao peche da hostalería máis ben aumentou

A bisbarra contra o Coronavirus VI, medo e incerteza

Ordes

Entrando en Ordes atopamos un pobo baleiro. Na estrada principal, tres portas máis arriba da farmacia, atopamos unha vella droguería que se mantén aberta. Non son bos tempos. Xa non é a falta de vendas, é o medo ao que virá despois

Camiño de Cerceda paramos no Tanatorio San Xulián. É un dos servizos máis delicados, necesario pero limitado polas medidas contra o Coronavirus. Nunha das salas unha das familias vela ao finado. Un operario cóntanos o complicado do seu traballo e o duro que resulta acudir a centros potencialmente perigosos e volver a casa coa familia

Cara ao sur

No polígono industrial do Milladoiro quedan poucas actividades abertas. Unha delas é o reparto de conxelados polas aldeas da bisbarra. O primeiro que nos conta é que a xente tan medo de todo o que está a suceder. Teñen máis traballo pero preguntando descubrimos que, ao contrario do que pensábamos, hai menos maiores sós que antes, da a sensación que moitos retornaron da cidade á aldea

A bisbarra contra o Coronavirus VI, medo e incerteza

Bertamiráns

En Bertamiráns atopamos unha tenda de alimentación ecolóxica que tivo que mudar todo para seguir atendendo. Onde antes estaba unha entrada normal agora atopamos un mostrador cunha barreira de metacrilato. Seguen traballando e ampliaron o reparto a domicilio pero os produtores tamén teñen máis demanda e iso nótase en que subiron os prezos

A bisbarra contra o Coronavirus VI, medo e incerteza

Praza de abastos de Padrón

Na praza de abastos de Padrón algunha vendedora descansa sentada nas escaleiras dunha das entradas. A última semana foi máis tranquila comparada coa avalancha de compras que tiveron no principio da corentena. Tamén o final de mes se nota según nos din pero o pior virá cando todo remate, pensan que algúns negocios xa non volverán a abrir.

A bisbarra contra o Coronavirus VI, medo e incerteza

Unha finca entre Teo e Vedra

Cruzando de Teo cara a Vedra atopamos a dous homes traballando nunha finca. Están plantando albariño. Teñen na furgoneta vides por valor de 2.000 euros que non poden esperar e teñen que plantalas. A visión sobre o que sucede do máis maior dos dous non é propia, a través del coñecemos o que di a súa muller. É un pensamento apocalíptico da realidade, é o fin do mundo e é culpa nosa por non atender as indicacións dos que saben, dos que mandan.

A pandemia e o confinamento fixo pensar a xente, uns dun xeito máis pragmático e outros buscando na fe o que non atopan nas noticias. Aínda quedan semanas por diante para pensar e veremos que sociedade, que bisbarra queda despois do Coronavirus.

Agradecementos: Avícola Otres, Droguería Leandro, Tanatorio san Xulian, Congelados Asturgalaicos La Cesta Natural Frutas Gelina,  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies