займ срочно

Os positivos por Covid suben en 11 casos na área sanitaria (21/09/2020)

0

Bisbarra, 21 de setembro do 2020 – O número de casos positivos por Covid pasou, na Área Sanitaria Santiago Barbanza, creceu en 11 nas últimas 24 horas.

O sábado eran 626 casos activos que pasaron a 637 onte domingo.  A Xunta decidiu ademais informar de forma conxunta dos colexios e escolas nas que hai algún positivo por Covid detectado. No caso da bisbarra de Compostela informan de casos no IES do MIlladoiro. Nos CEIP Plurilingüe de Pedrouzos de Brión, o de Arzúa, o Rosalía de Castro en Padrón e o da Igrexa Calo en Teo. En Santiago o Castelao e o de Vite, . Nas escolas infantís Praia Xardín de Boiro, Pontiñas en Lalín, Cativos en Conxo, na EEI Gaioso, e no centro ASPANAES Duques de Lugo.

As cifras por concellos que facilitamos en Lindeiros non saen da Xerencia do Sergas que só comunica datos globais distribuidos por áreas sanitarias. Os datos que facilitamos son recollidos por Lindeiros das informacións públicas dos concellos, de conversas directas con colaboradores ou de fontes de confianza; por esta razón pode haber pequenas variacións ao longo dos días.

Negreira abre parques e Santa Comba esola infantil

O resto da bisbarra tenta volver a normalidade ao irse estabilizando o número de casos. Negreira abre este martes os parques infantís, as instalacións deportivas e o Centro Sociocultural. O número de casos activos está en 20.

Santa Comba pola súa banda abre o curso na escola infantil e prepara a volta das feiras á vila.

Os datos en A Baña son bos xa que só se manteñen 6 casos activos por Covid. Hoxe luns estaba previsto ademais que saíra da corentena o alcalde José Antonio Pereira.

 Melide segue evolucionando moi favorablemente e pasou de ser dos que iniciaron os brotes a ter só 9 casos de contaxio por Covid.

Ordes tamén ten diminue pouco a pouco as cifras e sitúase na actualidade en 7 casos en illamento domiciliario.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies