Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • eleccions 2023
  • Oroso
  • Touro
  • Xeral

Eleccións 23: novas formacións políticas e cambios administrativos en algunha

O actual grupo Marea veciñal de Touro constitúese como grupo independente e concorrerá ás eleccións do 2023 como Movemento Veciñal.
touro-movemento-vecinhal-partido-independente-slide-28-novembro-2022_r

Bisbarra, 28 de novembro do 2022 – O actual grupo Marea veciñal de Touro constitúese como grupo independente e concorrerá ás eleccións do 2023 como Movemento Veciñal.

O Movemento Veciñal de Touro é na actualidade o líder da oposición no concello de Touro. A formación presentouse por primeira vez aos comicios no 2019 acadando tres concelleiros. A alternativa política ten novos estatutos que sustentan o desenvolvemento do traballo político “na participación veciñal, o desenvolvemento de políticas sociais, a loita contra o desemprego, o desenvolvemento económico e o apoio ó sector agroalimentario, e a defensa dos servizos públicos e a protección do medio natural e do territorio”.

Nos novos estatutos tamén se detallan as fórmulas de participación veciñal, establecéndose a figura do afiliado-colaborador, que dará dereito de voz e voto no máximo órgano de decisión do partido en cumprimento do Código Ético, ou a creación de grupos específicos de traballo, nos que calquera veciño, colaborador ou non, poderá participar en prol do interese colectivo para o Concello de Touro.

Actualmente o Movemento Veciñal de Touro (MVT) conta xa cun amplo equipo, do que forman parte tanto os membros da candidatura ás anteriores municipais como novos nomes que se seguen sumando a este proxecto político de ámbito local.

Novas formacións en distintos concellos

Ademais do cambio en Touro, que libera ao Movemento Veciñal de ataduras con outras plataformas, nas vindeiras eleccións presentaranse novos partidos en concellos da bisbarra e na propia Compostela.

En Oroso o pasado mes de outubro entraba no rexistro de partidos do Ministerio do Interior Alternativa Oroso que ten como presidente a Manuel Pazos Gómez. O mesmo xeito en abril pasado era rexistrado Por e Para Santiago que se presentará na Capital e que ten como presidente a Ángel Jimenez Lavilla.

Post navigation

Previous: O pleno de Ames debate sobre as notificacións aos concelleiros
Next: Denuncia por prevaricación na tramitación do parque eólico de Campelo

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.