Bisbarra, 20 de setembro do 2022- Quince establecementos da bisbarra recibirán hoxe o diploma SICTED que acredita a súa calidade turística.
O acto terá lugar tras unha andaina pola fervenza de Castriz. Participarán á directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a alcaldesa de Santa Comba, María Pose; o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal; o subdirector de Agader, Moisés Blanco; e a presidenta do GDR Terras de Compostela, Guarina Rey.

A formación que imparte o GDR Terras de Composte comezou no ano 2019. O curso remata cunha acreditación de calidade turística en destino. En esta ocasión os negocios pertencen na súa maioría ao sector da restauración a aloxamento. O obxectivo final é ofrecer unha experiencia homoxénea aos visitantes do territorio para conseguir que volvan e o recomenden.
Os establecementos que recibirán os diplomas son Casa Abelleira e Hotel Payro, de Ames; Apartamentos A Carballeira do Tambre e Pazo de Cores, da Baña; O Balado, de Boqueixón; Hotel Balneario Compostela e Balneario Compostela, de Brión; Casa do Gabino, Talladas Gastrobar e Hotel Xallas, de Santa Comba; Moradas do Ulla, de Teo; Casa Barqueiro e Casa Paramos, de Val do Dubra; e Pazo de Vista Alegre e Pazo Cibrán, de Vedra.