займ срочно

As bibliotecas da USC comezan maña a apertura en horarios extraordinarios

0

Compostela, 16 de abril do 2017 –  Mañá comezará o período de apertura de bibliotecas en horario extraordinario tanto en Santiago como en Lugo, con máis dun mes de antelación ao período de exames que comeza o día 23 de maio.

Do 17 de abril ao 1 de maio

Na primeira quenda de apertura en horario extraordinario, dende o 17 de abril ao día 1 de maio, permanecerán abertas de luns a venres as bibliotecas Concepción Arenal de Santiago e a Intercentros do Campus de Lugo de 8.30 a 3.00 horas de xeito ininterrompido e de 10.00 a 3.00 horas en fins de semana e festivos, períodos estes últimos nos que se sumará a maiores a Sala de Lectura de Dereito, á que se poderá acceder de 10.00 a 22.00 horas.

Do 2 de maio ao 8 de xuño

A partir do 2 de maio a Biblioteca Concepción Arenal permanecerá aberta 24 horas ao día de xeito ininterrompido ata o día 8 de xuño. Ademais, a Intercentros de Lugo manterá as súas portas abertas dende as 8.30 (a partir das 9.00 horas dende o 1 de xuño) ata a 3.00 horas. En fin de semana e festivos, o seu horario extraordinario será de 10.00 a 3.00 horas.

Ademais, a Facultade de Ciencias Económicas e a Sala de Lectura de Dereito reforzarán esta oferta en fins de semana e festivos, períodos nos que abrirán de 10.00 a 22.00 horas, igual que a Biblioteca Xeral. Esta última, entre o 22 de maio e o 2 de xuño, ademais de nas fins de semana e festivos tamén abrirá de luns a venres de 8.30 a 3.00 horas.

Do 9 de xuño ao 13 de xullo

Nesta quenda en xuño, as bibliotecas Intercentros do Campus de Lugo e Concepción Arenal abrirán de luns a venres dende as 9.00 ata as 3.00 horas e en fins de semana e festivos entre as 10.00 e as 3.00 horas.

Ademais, dende o 14 de xuño e ata o 1 de xullo sumarase o reforzo da Sala de Lectura da Facultade de Dereito en fins de semana e festivos de 10.00 a 22.00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies