займ срочно

A Baña recupera o mercado de Nadal

0

A Baña, 19 de novembro do 2021 – Despois de non celebrarase o ano o mercado de Nadal do concello da Baña volverá o vindeiro día 12 de decembro.

Libros, roupa ou artesanía serán algúns dos artigos que se poderán adquirir no mercadiño de Nadal da Baña que, tralo paréntese obrigado do pasado ano por causa da covid, chegará á súa sexta edición.

O pavillón municipal acollerá tamén obradoiros e espectáculos, haberá comida e contará coa visita de Papá Noel. O público poderá facer as súas compras entre as doce da mañá a as oito da tarde e terá á súa disposición un autobús que fará un percorrido polas parroquias do concello.  

Para o mercado de Nadal da Baña xa confirmaron a súa participación máis de trinta postos. Este ano poderanse mercar libros ou roupa de segunda man, ademais de numerosas propostas de artesanía enfocada aos agasallos de Nadal. Tamén haberá oferta gastronómica, á que se sumarán unha polbeira e unha churreira.

Ademais, os visitantes poderán  participar en tres obradoiros. estes talleres serán de de artesanía en palla, outro de papel e un máis de instrumentos tradicionais. Para participar hai que apuntarse o propio día do mercadiño no pavillón ou reservar praza chamando ao Concello da Baña ou ao móbil 682 85 93 67.

A programación lúdica complétase cun espectáculo de maxia a cargo de Dani Polo, programado para o mediodía, e da obra de teatro infantil ‘Debulendo lendas.. galegas’ da compañía Tarabelos, que dará comezo ás catro e media da tarde. Actuacións de pandereteiras e da agrupación local de música tradicional Os Campantes da Baña contribuirán á animación ao longo da tarde.

Por último, cativas e cativos poderán coñecer ao mesmo Papá Noel e facerlle as súas peticións para a Noiteboa a partir das 18.30 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies