Compostela, 17 de abril do 2019 – O Centro Xove da Almáciga prepara unha xornada de ensino e práctica de bailes de Moldavia para o próximo martes día 23.
Trátase dunha actividade gratuita e sen inscrición. A clase estará impartida por Veronika Gergely integrante da Banda Gergelyes. Según dín “Os bailes de Moldavia, dos húngaros csángó (Moldavia, Romanía), coñecidos en toda Europa, son enérxicos e moi animados. Se te animas a aprendelos, non sairás sen suar. Trae camisa de recambio!”.
A cita comezará as sete da tarde e durará ata as oito e media. Se hai máis interés acordaranse novas datas.
Esta é a primeira sesión destas aulas e non require coñecementos previos nin ir en parella. Según os organizadores “Baile, bo rollo e mellor ambiente. Non o deixes pasar!”.