займ срочно

Augas de Galicia propón unha nova sanción a mineira de Touro

0

Touro, 12 de marzo do 2019 – Augas de Galicia ven de abrir un novo expediente a mineira de Touro, a sanción podería chegar aos 30.000 euros.

A información foille comunicada a Asociación Aldea Viva por parte da administración. En ela explícase que o expediente aberto a mineira Explotaciones Gallegas S.L, máxima accionista de Cobre San Rafael, incóase por verter augas residuais ao río Brandelos á altura da corta mineira de Bama.

Os feitos non son novos xa que en setembro do ano pasado a empresa recibiu unha sanción de 20.000€ polo desbordamento da mesma balsa. Os informes analíticos confirman a afectación ao curso fluvial, constatando un importante aporte de metais pesados.

Según a Asociación o río Brandelos recibe constantemente as augas da balsa mineira sen que Exga, propietaria dos terreos, tome medidas ao respecto. A pesares das múltiples denuncias, e a constatación por parte da administración pública de que a empresa está a cometer un neglixencia grave que se mantén no tempo, para o colectivo veciñal “semella curioso que Augas de Galicia cualifique a infracción como leve”. Aldea Viva presentará alegacións e reclamará a tipificación da multa como grave dada a reiteración dos feitos e o desleixo amosado pola mineira ao non pór solución a un problema que coñece dende fai moitos anos.

A asociación considera tamén que esta nova sanción é un golpe duro ao Proxecto Touro, xa que a Xunta de Galicia non debe autorizar un proxecto de megaminería a unha empresa con semellante historial de infraccións, xa que en apenas medio ano é a terceira que recibe (30.000, 20.000 e os 30.000 que podería recibir agora).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies