займ срочно

A Unidade de Atención Temperá de Negreira e Val do Dubra traballa xa ao cen por cen

0

Bisbarra, 5 de abril do 2022 – A Unidade de Atención Temperá (UAT) que xestionan os concellos de Negreira e Val do Dubra traballa xa con máis de 40 nenos e nenas de 0 a 6 anos.

Esta unidade pasou no mes de marzo a formar parte da rede galega de atención temperá. Tratase dun espazo biopsicosanitario que realiza intervencións dirixidas á poboación de 0 a 6 anos, a súa familia e o seu entorno.

María del Mar García, concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade de Negreiraexplica que “Ten por obxetivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou no risco de padecelos, para facilitar a súa autonomía personal e a inclusión social”.

A UAT integral está formada por catro especialistas. Ademais da terapia ordinaria de ámbito físico, conductual, de lenguaxe e cognitiva na que os pequenos teñen as súas sesións semanais e os pais un espazo onde sentirse apoiados, a unidade conta cunha liña de prevención.

Para dar continuidade a esta atención dos menores con diversidade, o Concello de Negreira xerou un espazo de traballo de menores de 6 a 14 anos, denominándose Servizo Terapéutico municipal, unha maneira proactiva de atender as necesidades e dar unha atención especializada, así como unha continuidade á atención realizada con anterioridade.

Por outra banda, sendo coñecedores destas necesidades, e sendo conscientes do espazo que requiren esta atención, o grupo de goberno de Negreira estuda a posibilidade de ampliar a ubicación existente, traballando na localización doutros espazos, para que así poidan dispoñer de todos os medios necesarios.

“Para nós é prioritaria esta unidade; no tempo que leva traballando, creouse un clima cálido e de confianza para as familias, polo que teñen o compromiso de que o concello reforzará o seu apoio a este servizo”, explica o alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies